• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Querido Extraño

Querido Extraño é dende 2007 un dos alter ego musicais de Arturo Delgado, tras militar en bandas de rock e power rock como Los Fórrester, Doble Morgan, Gloomy House, Los Villanos de Boraville, Flip Corale y los Macabros... ademais de desenvolver outros proxectos en solitario como Paul Forrester ou Rusty James.

Neste personaxe, que se presenta en directo acompañado do seu sombreiro vaqueiro, dúas guitarras (Laura Solla), harmónico, percusión primitiva (Nico Lysergic) e toneladas de paixón, conflúe unha serie de estilos clásicos dos que se declara debedor e difusor: rock, folk, country, blues, soul e garage das décadas dos 50, 60, 70 e mesmo algunha cousa aproveitable (como el di) dos 80.

Perto tamén hai reminiscencia doutros xéneros extramusicais como o cine clásico (western, terror, policíaco), o cómic e a literatura (Edgar Allan Poe, Norman Mailer, Mark Twain, Anxel Fole...). Todo isto pasado polo seu filtro persoal, afrontando os temas preferentemente en castelán (tamén algún en inglés e en galego) e abordando temáticas fronteirizas, bíblicas, románticas, terroríficas, alcohólicas e mortuorias non exentas de humor negro e retranca, e sempre dende o punto de vista do eterno adolescente que levamos dentro.

Contratación

Golden Bizarro Producciones
Arturo Delgado
(+34) 699 206 285
arturodelgado73@yahoo.es

Discografía

Demonios, Caimanes y mujeres letales. Grabaciones Caseras (Vol. 2)

QUERIDO EXTRAÑO

2015, Golden Bizarro Producciones

Grabaciones Caseras (Vol. 1)

QUERIDO EXTRAÑO

2014, Golden Bizarro Producciones

Vídeos

Sitting on the dock of the bay

QUERIDO EXTRAÑO

El Hombre Castigo

QUERIDO EXTRAÑO

O Licor do Tío Martiño

QUERIDO EXTRAÑO

Summertime

QUERIDO EXTRAÑO, CORA SAYERS

Rey Rana (Balcony TV)

QUERIDO EXTRAÑO

Tal vez tamén che gusten

En Casa del Herrero

Chamaquito Pistolas

Cool Funeral

Germán Prieto

Gold & Colt

Grand Soul Band