• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Anxo Vigo

Nacín na Coruña nun barrio dos máis emblemáticos da cidade (Monte Alto) recibindo do polifemo xigante, vixilante de ilusións, que é a torre de Hércules, esa forza que imprimo en cada verso das letras das miñas cancións e composicións musicais.

Alá polos anos setenta emigrei á cosmopolita cidade de Londres, para aprender o idioma daquel país, permanecendo na cidade da néboa dez anos. Alí foi onde por primeira vez sentín a nostalxia e a morriña que todos os galegos e as galegas levamos na pel xa cando nacemos, e que sufrimos na alma cando estamos lonxe da nosa terra. Alí entre penas e bágoas, comezou a miña andaina como autor e compositor. Os meus pensamentos dende novo foron sempre en galego, como tamén os meus sentimentos dos que naceron a maior parte das miñas creacións e composicións musicais.

Nas miñas letras prometo chegar ao corazón de todas as galegas e galegos, coa interpretación en cada un dos meus temas de historias da nosa xente e da nosa terra. Son un conxunto de pequenas experiencias e lembranzas, ilusións e sentimentos transformados en canción, coa clara intención de chegar ao corazón de todos os galegos e galegas.

Contratación

Anxo Vigo
639 132 629 - 639 132 629
anxovigomusic@gmail.com

Discografía

Lembranzas

ANXO VIGO

2022, QUELA RECORDS

Sentimentos

ANXO VIGO

2020, ESTUDIOS VISUE

A ledicia de ser galego

ANXO VIGO

2017, ESTUDIOS VISUE

Vídeos

O amor só é un xogo

ANXO VIGO

Bolboreta, bolboreta

ANXO VIGO

Aquela noite

ANXO VIGO

A ti Galicia

ANXO VIGO

Lembranzas de amor

ANXO VIGO

Engano

ANXO VIGO

Tal vez tamén che gusten