PEITOESCURO é o nome no que habita a esencia de Rubén, un artesán sonoro afincado nunha pequena aldea nas faldas da Serra do Courel desde o 2016.O proxecto, salvaxe en todo o seu concepto artístico, expresa o canto duns paxaros entre as ruinas dun rural ferido. Cancións populares con cinxa de poesía cuxas melodías conectan os mapas do pasado, maridando palos flamencos con ritmos tribais, e atraendo humanos ao redor do lume para sentir así latexar as raíces do folclore ibérico presente.As súas xenuínas composicións baixan do monte para ser cantadas dun xeito valente e vibrante, acompañado da súa desgastada guitarra, a potencia da pel percutida e o latexar electrónico.Á súa posta en escena é, á vez, unha celebración das impurezas e un soprido nas ascuas dun presente que necesita lembrar para florecer.
Contratación
AlendeSara 620 125 057 ola@alende.gal
