• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Furada

“Neste século da dictadura da imaxe sobre a palabra, que prefire a copia ao orixinal, pois son máis ben as nosas ambicións… escasas e prudentes”

Furada, o dúo de Crecente (Pontevedra), formado por Adrián Riveiro Rodríguez (guitarra, teclados) e Pablo Gómez Portas (voz), presenta o seu disco debut: “Furada” (Ferror Records, 2026).

Un post punk poético e evocador, cargado de forza e mensaxe. “Temos unha clara fixación no post-punk de Joy Division cunha atmosfera poética que pode acercárselle a the Doors. Tamén de cara a posta en escena eu fixaríame en bandas actuais coma the Garden, Crystal castles, Sleaford Mods ou os Viagra Boys” afirma Adrián. “Ademais dos xa nomeados post-punkers rusos , evidentente o grupo de Xosé Manuel Pereiro; Radio Océano ou os Golpes Bajos de Coppini son grandes piares para nós , maís queriamos darlle o noso alento . O post punk é quen de adaptarse as xeografías e os sentimentos coma ninguén e por iso destacar O Post Punk que se fai en México (onde viveu Adrián) con bandas como Caminatas Nocturnas, Ritmo Cósmico ou La Texana” explica Pablo.

Hai unha conexión importante coa poesía e coa mensaxe poética. “Engadimos ademáis de poesía propia , versos de Lois Pereiro e de Xela Arias pola imaxe eterna de vangarda , de linguaxe e verba pura visceral. Participa connosco Xandra Táboas alento dos movementos sociais galegos vigueses e tamén poeta e videógrafa, dela saen os videos Brilo e Aliñados ela tivo que ver tamén na letra de Abajo en el Sur. Sen esquecer a Blanca Varela a Bolaño...".

Contratación

Ferror Records
Sergio
667 264 325

Discografía

Furada

FURADA

2026, Ferror Records

Vídeos

Aliñados

FURADA

Brilo

FURADA

Tal vez tamén che gusten