• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Luar na Lubre

Luar Na Lubre xurdiu en 1986 o obxectivo de desenvolver, impulsar e dar a coñecer a música e a cultura galegas. Após tres décadas dunha froitífera traxectoria, con 18 discos publicados e máis de 1.500 concertos en 30 países de todo o mundo, o grupo é unha referencia internacional da música de raíz.

A constancia e a fidelidade ao universo folk definen, desde os seus inicios, o traballo de Luar Na Lubre. Desde a publicación de O son do ar (1988), tema que chegou versionar Mike Oldfield, o grupo procurou o seu propio son, tendo como inspiración primaria a música galega. Un labor pertinaz que se reflicte en todos e cada un dos discos publicados até o momento pola agrupación liderada por Bieito Romero: Beira atlántica (1990), Plenilunio (1997), Cabo do mundo (1999), XV aniversario (2001), Espiral (2002), Hai un paraíso (2004), Saudade (2005), Camiños da fin da terra (2007), Ao vivo (2009), Solsticio (2010), Mar maior (2012), Torre de Breoghán (2014), Extramundi (2015), XXX aniversario (2016) e Ribeira Sacra (2018).

Hoxe en día, cunha identidade propia recoñecible e consolidada, a música de Luar Na Lubre forma parte non só do imaxinario, senón do patrimonio colectivo. Tras o éxito de Ribeira Sacra, este 2020 o grupo regresa os escenarios para presentar o seu novo disco de estudio, Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos, un álbum que visualiza a pegada artística, cultural e natural do antigo camiño das estrelas a través das historias de quen percorreu, con vieiras, os seus vieiros: os peregrinos.

Contratación

Mirmidón Producciones
Maruchy Suárez
(+34) 667 706 241 - (+34) 667 706 241
maruchy.mirmidon@gmail.com

Discografía

VIEIRAS E VIEIROS, HISTORIAS DE PEREGRINOS

LUAR NA LUBRE

2020, WARNER MUSIC

Ribeira Sacra

LUAR NA LUBRE

2018, Warner Music Spain

XXX Aniversario de Luar na Lubre

LUAR NA LUBRE

2016, Warner Music Spain

Extra:mundi

LUAR NA LUBRE

2015, Warner Music Spain

Torre de Breoghán

LUAR NA LUBRE

2014, Warner Music

Sons da lubre nas noites de luar

LUAR NA LUBRE

2012, Warner Music

Mar Maior

LUAR NA LUBRE

2012, Warner Music

Solsticio

LUAR NA LUBRE

2010, Warner Music

Vídeos

Dum Pater Familias

LUAR NA LUBRE

Os Tafenos da Gaurra

LUAR NA LUBRE

The Sailor's Hornpipe Pasacorredoiras

LUAR NA LUBRE

La molinera

LUAR NA LUBRE

Concerto en directo en Santiago de Compostela el 31 de xullo de 2012

LUAR NA LUBRE

Tal vez tamén che gusten