• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Escuchando Elefantes

Escuchando Elefantes son dúas voces que chegaron a sonar como unha.

A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como Glen Hansard, Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan e Sinead O'Connor, entre outros.

En 2012 publican o seu primeiro álbum de estudio, autoeditado, recibindo unha xenerosa acollida por parte do público que encheu as salas. Acompañado dunha gran repercusión mediática, “Show & Tell” escoitouse nun gran número de países e festivais.

En 2014, logo de gravar en España, Irlanda, USA e UK presentan o seu segundo traballo, “Happy Lonely People”, nun abarrotado Teatro Colón, repetindo o éxito do seu primeiro álbum e engadindo nomeamentos e premios.

A finais de 2016 Sílvia e Carlos cambian o formato da banda e comezan a intercambiar instrumentos, tocando ambos baterías e guitarras, o que lles lleva a un sonido máis eléctrico e enérxico; é cando gravan do seu terceiro álbum, “Hope”, publicado en marzo de 2017. Antes de rematar 2017, durante a súa xira, un accidente de coche en Francia parou a actividade de Escuchando Elefantes ata retomar os directos co tour "We Are Fine, Thank You" en agradecemento ao apoio do público; case a totalidade deses concertos pecháronse con Sold Out.

En 2020 a banda publica o single "Ahora" e anuncia un novo disco, “¿Por qué siempre cantáis en inglés?”, o seu primeiro traballo en castelán publicado en febreiro de 2021.

Contratación

Music Bus
José Manuel de Ceballos
647 849 276
josemanuel@musicbus.es

Discografía

¿Por Qué Siempre Cantáis en Inglés?

ESCUCHANDO ELEFANTES

2021, Music Bus Records

Hope

ESCUCHANDO ELEFANTES

2017, Escuchando Elefantes

Volveré

ESCUCHANDO ELEFANTES

2016, Escuchando Elefantes

Happy Lonely People

ESCUCHANDO ELEFANTES

2014, Escuchando Elefantes

Show and Tell

ESCUCHANDO ELEFANTES

2012, Escuchando Elefantes

Vídeos

La estrella

ESCUCHANDO ELEFANTES

Falsa Vanidad

ESCUCHANDO ELEFANTES

Burning Inside

ESCUCHANDO ELEFANTES

The Fight

ESCUCHANDO ELEFANTES

There'll Be Joy

ESCUCHANDO ELEFANTES

Anyway

ESCUCHANDO ELEFANTES

Tal vez tamén che gusten

Chamaquito Pistolas

Gold & Colt

Roger de Flor e Os Silvestres

Juan Carballo

Os Amigos dos Músicos

Visions of Johanna