• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Eidos de Outono

Eidos de Outono

Música. Poesía. Natureza.
Eidos de Outono presenta unha escolma de músicas contemporáneas marcada pola vangarda e a diversidade de estilos, vinculándose á singularidade e identidade do territorio no que se desenvolve o festival.
Eidos de Outono é a extensión musical do Festival dos Eidos, que se vén celebrando dende 2015 no Concello de Folgoso do Courel, Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel.
Coincidindo co tempo dos magostos, os Eidos de Outono preséntanse como a celebración da música e da expresión artística no impoñente marco natural da Serra do Courel. A romaría do século XXI que aposta pola diversidade, a convivencia, a aantidisciplinariedade e a exaltación da identidade propia en diálogo permanente coa comunidade global.
O “eido” é unha palabra capital da cultura labrega galega que se refire ao mesmo tempo a propiedade individual e a pertenza comunitaria. Esta guía ancestral é a que nos urxe a recoller a herdanza dinamizadora do poeta Uxío Novoneyra quen, desde 1955, alentou a presenza do xenio creativo na remota montaña luguesa coa publicación de “Os Eidos. O libro do Courel” (Editorial Galaxia).

Promotores: Eidon Música SRL

Ano de creación: 2019

Periocidade: Anual

Duración: 3 días

Lugar de celebración: O Courel, Lugo

Datas aproximadas de celebración: 28 out. Tempo dos magostos

Tal vez tamén che gusten