11 DE MANS QUE AÍNDA SOAN

Hoxe, 17 de maio e Día das Letras Galegas, rendemos homenaxe á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Manuela Lema, Teresa García, e Prudencia e Asunción Garrido, estas últimas catro integrantes das Pandeireteiras de Mens. Mulleres estas que xogaron un papel crucial na preservación da cultura galega, defendendo a nosa identidade coa voz... e coas mans; unhas mans que marcaron —e seguen a marcar— o ritmo da terra na casa, nos fiadeiros, nos seráns.
Seleccionamos 11 cancións que reflicten como o legado da poesía popular segue a inspirar a música galega actual, conservando, ademais, esa unión tan nosa de voz e pandeireta.
“Baroña”, Leilía
Premio Honorífico dos XII Premios Martín Códax da Música
“O bruar das cantareiras”, Xose Lois Romero e Aliboria
“Muiñeira de Limiñoa”, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
“Maneo de Erbecedo”, Ailá
“Aire”, Caamaño & Ameixeiras e Sheila Patricia
“Animal”, Xisco Feijoó
“Almende”, Fiandola
“Barro”, Abril
“Terra Moura”, Uxía
“O meu amor”, Tanxugueiras
“Caroi”, Baiuca