• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
izq noticias  

E OS MELÓMANOS DA XII EDICIÓN DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA FORON PARA...

E os melómanos da XII edición dos Premios Martín Códax da Música foron para...
28 MAIO 2025

Os Melómanos dos XII Premios Martín Códax da Música xa teñen dono! Organizados pola asociación Músicas Ao Vivo, co apoio da Xunta de Galicia, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu onte á noite a Gala dos Premios, conducida pola regueifeira Lupe Blanco e o músico e bailador Xisco Feijoó, quen homenaxearon a oralidade e a música tradicional nunha noite na que, ademais, lembrouse aos recentemente falecidos Emilio Cao e Piti Sanz.

Estes son os gañadores en cada cateporía. Parabéns!

 

 

 

METAL E HEAVY

Brutal

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (13/5/24)

 

 

 

CANCIÓN DE AUTOR/A

A Pedreira

 

 

 

BLUES, FUNK E SOUL

Helena Egea

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (13/1/25)

 

 

 

ELECTRÓNICA

Rumia

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (20/11/20)

 

 

 

ROCK E PUNK

Os John Deeres

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (8/2/21)

 

 

 

MÚSICAS URBANAS

Nadie González

 

 

 

 

ORQUESTRAS, GRUPOS
E MÚSICA DE VERBENA

A banda da Balbina

Ver en galiciantunes

 

 

 

MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA

María Domínguez

Ver en galiciantunes

 

 

 

JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS

Orquestra Galega de Liberación

Ver en galiciantunes

 

 

 

POP E INDIE

Sabela

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (13/3/23)

 

 

 

MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE

Fanfarria Taquikardia

 

 

 

MÚSICA INFANTIL

Brais das Hortas

 

 

 

FOLK

De Ninghures

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (31/10/22)

 

 

 

MÚSICA TRADICIONAL

Faia

 

 

 

BANDAS DE MÚSICA POPULAR

Banda de Música Municipal de Caldas de Reis

 

 

 

ARTISTA EMERXENTE

Paracetafolk

 

 

 

PREMIOS ORGANISTRUM

 

Salas

Sala Rebullón

https://salarebullon.com/

 

 

 

Festivais

Festas do Barrio de San Pedro

 

 

 

Proxectos de Comunicación e Difusión

Cuac fm

https://cuacfm.org/

 

 

 

PREMIO HONORÍFICO

Leilía

 O Premio Honorífico desta edición foi entregado a Leilía. Nome referente na música galega que transita do século vinte ao vinteún e un, o grupo nacido en 1989 en Santiago de Compostela despedíase recentemente dos escenarios, sendo as súas integrantes consideradas pioneiras na difusión da música e do canto tradicional. Músicas ao Vivo destaca como as Leilía abriron camiño a moitas artistas e agrupacións que viñeron detrás.

 


izq noticias