• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Vudú

Vudú, Soulk Galego

Vudú son Belém Tajes (voz, teclado) e Maritxinha (baixo, loops). En 2016, a banda faise co premio á Mellor Canción en Galego por “Eu son VooDoo” no certame Musica Xove e, ao ano seguinte, acadan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul.

Deste xeito, o dúo consegue consolidarse no seu estilo e comeza a explorar novos formatos en directo ata chegar á proposta que as define na actualidade: música íntima e elegante para “grandespequenos” momentos. Vudú é unha música de esencia feminina, chea de sensualidade que pretende reivindicar a forza dos cantos tradicionais de Galicia.

No seu primeiro disco, “Vudú Vol. III” (2018), combinan letras tradicionais que veñen directamente das súas avoas con ritmos pop, percusións electrónicas e tintes jazz e soul. “Vudú Vol. III” supón o peche dunha triloxía e o inicio dunha nova etapa; un traballo onde Belém e Maritxinha preséntannos un longo cheo de sons máis pop ca nunca, percusións electrónicas e os seus inconfundibles tintes de jazz e soul.

Partindo de letras remotas, Vudú atrévese nesta ocasión con ritmos cercanos aos anos cincuenta en temas como “Xa me dixo”, a versionar cancións populares como “Unha noite na eira do trigo” e “Eu chorar chorei” e tamén a presentarnos propostas de composición propia coma o é “Lingua”, que xira arredor das linguas minorizadas.

Contratación

PlayPlan Cultural
+34 986 903 509 - +34 696 874 392
contratacion@playplan.es

Discografía

Vudú Vol. III

VUDÚ

2018, Vudú

Vídeos

Corasón

VUDÚ

Moreniña

VUDÚ

Tal vez tamén che gusten