• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Carolina Rubirosa

Carolina Rubirosa é unha compositora e cantante galega con voz propia e única. Coa carencia de corsés e prexuízos como máxima, Carolina desenvolve o seu son sen complexos entre bossa novas, folk intimista de tinturas americanas, canción de autor, rock ben distorcido ou o pop electrónico máis bailable. Con este eclecticismo como bandeira e utilizando varios idiomas para comunicarse a través das suás cancións, os seus concertos supoñen unha auténtica viaxe musical, acompañada por letras ácedas, mordaces e moi persoais.

A pesar da súa curta carreira, Rubirosa ten actuado en cidades europeas como Moscú, Londres, Helsinki, Stuttgart ou Liverpool; e foi parte de importantes festivais galegos como O Son do Camiño, Noroeste Pop/Rock, TerraCeo ou o Festival de la Luz. En 2020, foi seleccionada para representar a Galicia no Festival Liet International en Dinamarca. Ademais, as súas composicións fixérona gañadora en varios concursos tales como o Sonidos Mans ou Revolution Unplugged Europa FM, entre outros.

Logo da publicación de varios sinxelos, neste 2021 sairá á luz o seu novo traballo discográfico, producido polo nominado aos Grammy Awards Juan de Dios Martín, e conta con colaboracións extraordinarias como o saxofonista de prestixio internacional Lou Marini (Aretha Fraklin, Frank Zappa, Blues Brothers).

Contratación

Rubirosa Music
+34 649 815 435
carolinarubirosa@gmail.com

Discografía

Norai de Anguria (single)

CAROLINA RUBIROSA

2021,

Tierra de Nadie

CAROLINA RUBIROSA

2020,

O teu camiñar (single)

CAROLINA RUBIROSA

2020,

Sozinha (single)

CAROLINA RUBIROSA

2018,

Coming Home (single)

CAROLINA RUBIROSA

2017,

Vídeos

Norai de Anguria

CAROLINA RUBIROSA

Tierra de Nadie

CAROLINA RUBIROSA

Tal vez tamén che gusten