• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nüca

Nüca é o proxecto personal do ferrolán Pablo Sáenz Carballeira. O seu son deixa entrever un pasado musical ligado ao krautrock, postpunk, shoegaze, combinado cun presente onde estas primeiras andainas mestúranse con inquietudes próximas ao IDM, ambient, deep-house, músicas experimentais.

Pablo comeza con Omadroma, proxecto no que combinaba a influencia de Brian Jonestown Massacre con referentes do noise e o shoegaze como Sonic Youth ou My Bloody Valentine. Despois chegou o postpunk bizarro de Vale!Gringo e o salto á electrónica con World Rally Boys, no que comparte escenario con Mack Páramo (Thee Boas, Legítimo Polvo, Psychotic Acid Freek), e consegue soar a Ty Seagal e aos Happy Mondays. Tamén colabora na organización de concertos co colectivo Pequena Morte Subrécords, e como baixista en outras organizacións como Wahyaba.

Con respecto a Nüca afirma que "o meu son comeza coa repetición circular de sons de sintetizador ambientais e drons, cun acompañamento rítmico achegado por Drum Machines analóxicas. Quería recuperar ese son retro-new-wave, sen empregar ordenador nos meus directos. Ultimamente estou pasándome máis ao mundo dixital, abarcando outros estilos como o IDM, o ambient e o drum-and-bass”.

Pronto chegan os EP, "Gnosis" (Prinzedom Records/Ataque!, 2020) e "Niké" (Ferror Records, 2020); este último é unha alegoría das catro estacións desordeadas.

Contratación

Pablo Sáenz Carballeira
657 822 169
pablosaenzcarballeira@gmail.com

Discografía

Legítimo Polvo x Nüca: WRB Split

LEGÍTIMO POLVO, NÜCA

2021, Ferror Records

Niké

NÜCA

2020, Ferror Records

Homeworks Mixtape 1

NÜCA

2020, Pequena Morte Subrecords

Gnosis

NÜCA

2020, Prinzedom Records / Ataque!

Tal vez tamén che gusten