• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
David Vázquez

David Vázquez é un compositor, produtor e músico de A Coruña. Comezou a súa carreira musical tocando en bandas locais, como o dúo de electro rock LED o la dream pop Primrose, compaxinándoo co seu interese pola música etérea e cinematográfica.

En 2012 publica o seu primeiro traballo en solitario “Shelter”, seis pistas nas que ambient, rock noir e sons acústicos fusiónanse, indo da man, nunha especie de escura viaxe.

Dous anos despois, saca o seu single “Belong” (2014) e forma parte dun concurso internacional de composición organizado pola Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia para crear unha banda sonora do espectáculo “Las Nocturas”; Vázquez resultou gañador cunha peza que combina ambient, electrónica e experimental, incluíndo sons xerados pola lenguaxe de programación ChucK, que o artista empezou a introducir nas súas creacións musicais logo de estudar no California Institute of Arts.

En 2016, presentou un novo proxecto, “Reveur”, e publicou novas cancións que, máis tarde, compondrían o seu segundo álbum, “(Un)fearful”, á venda en maio de 2017.

En 2018, David Vázquez presenta unha colaboración coa artista australiana Yellow Belly, “Coming Home”, tema parte do álbum “Relief: A Benefit for Puerto Rico & the Victims of Hurricane Maria”, e do seu traballo “Overthought”, á venda en febreiro.

Na actualidade está a traballar na banda sonora dun audiolibro, “El desierto blanco”, ademais de colaborar no documental “Cegados por la luz”, proxectos que verán a luz ao longo deste ano.

Contratación

(+34) 690 150 907
david.vp@outlook.es

Discografía

Overthought

DAVID VÁZQUEZ , YELLOW BELLY

2018, Yellow Belly & David Vázquez

Still [Single]

YELLOW BELLY, DAVID VÁZQUEZ

2018, Yellow Belly & David Vázquez

(Un)fearful

DAVID VÁZQUEZ

2017, David Vázquez

Coming Home [Single]

DAVID VÁZQUEZ, YELLOW BELLY

2017, David Vázquez & Yellow Belly

Traces of the Self / Detached [Single]

DAVID VÁZQUEZ

2016, David Vázquez

Static Places [Single]

DAVID VÁZQUEZ

2016, David Vázquez

Belong [Single]

DAVID VÁZQUEZ

2014, David Vázquez

Las Nocturnas [Banda sonora]

DAVID VÁZQUEZ

2014, Ciudad de las Artes y las Ciencias

Vídeos

Coming Home

DAVID VÁZQUEZ & YELLOW BELLY

Belong

DAVID VÁZQUEZ

Tal vez tamén che gusten