• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Verbose

Carlos Bravo (Tui, 1991) é instrumentalista, artesán do son e deseñador de instrumentos electrónicos.

O seu traballo baséase no estudo, a creación e a experimentación do son desde a súa orixe, utilizando diferentes técnicas como a acústica, síntese modular e contornos dixitais programables.

Na procura de captar os sons e luces que se aloxan na súa mente á realidade dun xeito performativo, foi necesario crear os seus propios instrumentos; este labor foi facilitado grazas aos seus estudos en Física.

Electrónica e acústica. Analóxica e dixital. Luz e son.

Verbose é a culminación de anos de investigación e proceso de perfeccionamento das ferramentas necesarias para esculpir unha paisaxe visual e sonora que se comunica mutuamente.

Contratación

Discografía

Rvina

VERBOSE

2021, Verbose

Vídeos

Rvina

VERBOSE

Macaulay is 40

VERBOSE

Tal vez tamén che gusten