• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Lost Minnow

Lost Minnow é un proxecto de rock progresivo fundado pola compositora Cristina Pena.

Nace en 2017 na Coruña, inspirado nuns relatos e fundamentado nas composicións orixinais de Cristina, quen lanza o seu EP debut ese mesmo ano. A partir deste momento comeza a tocar os seus temas ao vivo, tanto en formato banda como en solitario.

En 2019 convídana a presentar o EP ao vivo nun dos eventos musicais máis grandes do mundo: a Namm Show, nos Ánxeles.

Lost Minnow soa a unha mestura de poshardcore americano e math rock xaponés, dando lugar a un son inédito e innovador.

“Dear Ghost” (2023) é o seu segundo EP, que presenta unha evolución de estilo, agora máis consolidado. Nel pódense escoitar temas como o single “Dear Ghost”, cunha guitarra eléctrica moi presente e riffs con alto nivel de execución técnica; ou“3 AM”, a balada do disco onde a parte instrumental pasa a un plano máis secundario, sendo a voz a real protagonista. “Vampire” e “October” non pasarán desapercibidos, pois tamén manteñen os riffs técnicos sen renunciar a retrousos pegadizos.

Sen dúbida, unha banda irrepetible no panorama nacional.

Contratación

Cristina Pena Pérez
658 027 305 - 635011328
cristina.pena19@hotmail.com

Discografía

Dear Ghost

LOST MINNOW

2023,

Lost Minnow

LOST MINNOW

2018,

Vídeos

Dear Ghost

LOST MINNOW

Tal vez tamén che gusten