• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Halogram

HALOGRAM é o proxecto de metal progresivo instrumental/djent creado polos galegos Javier Iglesias (guitarra) e Dani Mourinho (baixo).

Javier e Daniel coñecéronse en 2001 e, durante dous anos, xiraron xuntos con diferentes bandas por toda España. Máis tarde, Daniel mudouse a Londres (Reino Unido) co obxectivo de ampliar a súa experiencia musical dentro da escena musical británica, mentres que Javier continuou a súa carreira como músico profesional xirando por España. A pesar da distancia, os dous artistas mantivéronse en contacto.

En 2017, Javier e Daniel volveron unirse para dar forma a algunhas ideas musicais; deste xeito naceu o proxecto HALOGRAM. Logo do lanzamento dos primeiros singles, contactaron co produtor de Periphery, Ermin Hamidovic, quen gustosamente aceptou mesturar os seus temas “The Falling Man” e “Symphony of Regret”.

Desde a publicación de “The Falling Man”, e o seu último sinxelo "Symphony of Regret", a banda comezou facerse notar dentro da comunidade de metal progresivo progresivo/dent, alentándoos a seguir traballando xuntos. O seu novo single "Obsolete Future" verá a luz o 17 de xaneiro de 2020, mesturado, desta vez, polo produtor de Born of Osiris, Buster Odelhom.

HALOGRAM contou coa colaboración do ilustrador galego Pablo Outeiral para debuxar as portadas de cada un dos temas, considerando o seu traballo imprescindible neste proxecto.

Contratación

Halogram
Daniel e Xavier
0044 787 637 6100 - 0034 570 473 901
halogramofficial@gmail.com

Discografía

Electric Red

HALOGRAM

2023, Halogram

Uneven

HALOGRAM

2020, Halogram

Obsolete Future

HALOGRAM

2020, Halogram

Symphony Of Regret

HALOGRAM

2018, Halogram

The Falling Man

HALOGRAM

2018, Halogram

Vídeos

Uneven

HALOGRAM

Symphony Of Regret

HALOGRAM

The Falling Man

HALOGRAM

Flying In A Dream

HALOGRAM

Lost In Time

HALOGRAM

Remember

HALOGRAM

Tal vez tamén che gusten