• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
BellónMaceiras Quinteto

BellónMaceiras Quinteto nace en 2007 como unha evolución natural de BellónMaceiras Dúo. Esta nova formación achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias.

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas. Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como “espicho”, a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza. No seu último disco (Folkfusión, 2010) a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés... Levan este proxecto a sitios como Lorient (Bretaña), Bruxelas (Bélxica), Colfiorito (Italia), Viana do Castelo (Portugal), así como percorren toda Galicia nos escenarios de máis prestixio. En 2011 son seleccionados pola AIE (Artistas e Intérpretes de España) para facer unha xira pola Península Ibérica, levando a súa música a cidades como Zaragoza, Vitoria ou Tudela. Unha característica do grupo é a súa adaptación a calquera tipo de concerto, desde o máis intimista en acústico en salas pequenas, ata os festivais máis grandes, pasando por teatros e auditorios.

Contratación

Escola BellónMaceiras
Gema Abad
(+34) 654 834 246 - (+34) 881 951 723
info@bellonmaceiras.com

Discografía

FolkFusión

BELLÓNMACEIRAS QUINTETO

2010, Do Fol Música

Live au Cornouaille

BAGAD KEMPER, DANIEL BELLÓN & DIEGO MACEIRAS

2010, Keltia Musique

Vídeos

BellónMaceiras Quinteto + María López

BELLÓNMACEIRAS QUINTETO

Entrevista BellónMaceiras Folkfusión BOA

BELLÓNMACEIRAS DÚO

Live in Viana do Castelo, Portugal

BELLÓNMACEIRAS QUINTETO

Live in Italy, Montelago Festival.

BELLÓNMACEIRAS QUINTETO

BellónMaceiras Quinteto en V televisión

BELLÓNMACEIRAS QUINTETO

Tal vez tamén che gusten