• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sergio Franqueira

Sergio Franqueira, nado en Ordes en 1981, é un guitarrista clásico titulado superior con mención de honra pola Fundación Paideia-Xunta de Galicia no CMUS da Coruña, máster en guitarra pola Uex e postgraduado pola Universidade das Artes Mozarteum, sendo os seus mestres Euloxio Albalat, Ricardo Gallén e o mítico Eliot Fisk. Ademais, é diplomado en estudos avanzados sobre música española do século XX pola USC, actualmente doutorando. Foi bolseiro da Deputación da Coruña e da Fundación Segundo Gil Dávila. Asistiu aos Cursos de Música en Compostela como bolseiro do profesor José Luis Rodrigo e obtivo o premio da “Fundación Victoria e José Luis Rodrigo”. Realizou concertos por toda a xeografía española e galega, por exemplo na Semana da Guitarra de Vigo ou o Teatro Rosalía da Coruña, e máis recentemente presentouse na Fundación Juan March de Madrid e na Ealing Guitar Society de Londres. É dedicatario da obra “Espejos” de Francisco Merino. Gravou dous CDs como solista, “Impresiones” e “Recuerdos de España”. Actualmente exerce de profesor de guitarra no Conservatorio de Melide.

Contratación

Sergio Franqueira
(+34) 654 049 776
sergiofranqueira@hotmail.com

Discografía

Recuerdos de España

SERGIO FRANQUEIRA

2012, Autoeditado

Vídeos

Fantasía-Sonata Op.22A

SERGIO FRANQUEIRA

Cádiz - Isaac Albéniz

SERGIO FRANQUEIRA

Tal vez tamén che gusten