• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xabier Díaz

Dos primeiros sopros de Xabier Díaz nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata “Coplas para Icía” (2007) pasaron case 30 anos.

Ao longo de todos estes anos, ademais de formar parte de grupos como Berrogüetto ou aCadaCanto, Díaz realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc.

En novembro de 2015 edita “The Tambourine Man” xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Con el tamén obtivo o premio á mellor canción en galego da primeira edición dos premios aRitmar. Alén diso, “The Tambourine Man”, permitiulle manterse no Top 10 da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016.

Desde a presentación de “The Tambourine Man” e con máis de 70 concertos ás costas en apenas dous anos, visitou Alxer, Oslo, Lorient, Le Chatre, Glasgow, Lisboa, Madrid ou Bruxelas.

En 2018 chega “Noró”, un traballo compartido de novo coas Adufeiras de Salitre que pon o acento ás músicas que habitan o noroeste peninsular.

Contratación

Producciones Mirmidón
Maruchy Suárez
(+ 34) 667 706 241
maruchy@mirmidon.es

Discografía

Noró

XAVIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

2018, Músicas de Salitre

The Tambourine Man

XABIER DÍAZ, ADUFEIRAS DE SALITRE

2015, Músicas de Salitre

Arrolos de salitre

XABIER DÍAZ, GUILLERME FERNÁNDEZ

2010, Músicas de Salitre

Coplas para Icía

XABIER DÍAZ

2007, Músicas de Salitre

Músicas de Salitre

XABIER DÍAZ

2005, Músicas de Salitre

Vídeos

Os Xoves de Códax 2018 | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

XABIER DÍAZ, ADUFEIRAS DE SALITRE

O baile de Noró

XABIER DÍAZ, ADUFEIRAS DE SALITRE

Os Xoves de Códax 2014

XABIER DÍAZ, KEPA JUNQUERA

Xota Delira

XABIER DÍAZ, ADUFEIRAS DE SALITRE

Langueirón

XABIER DÍAZ, ADUFEIRAS DE SALITRE

Capra Aegagrus Hircus (Muiñeira do Cañizo)

XABIER DÍAZ, ADUFEIRAS DE SALITRE

Tal vez tamén che gusten