• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xoel López

Xoel López é un dos artistas máis representativos da escena independente en España. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock indie e o folk dos anos 60, el defínese como un artista libre. E así o demostra.

Xoel deixou atrás unha carreira consolidada no seu país baixo o pseudónimo de “Deluxe” para cruzar o charco e empezar unha nova etapa. O que supoñía un breve descanso converteuse nunha inesperada viaxe iniciática de máis de dous anos nos que percorreu múltiples países do mundo. Coa música como linguaxe común e punto de encontro, explorou diferentes estilos e sons, enriquecendo a súa bagaxe persoal e musical.

Este cambio de traxectoria é un auténtico exercicio de liberdade creativa que culmina nun gran proxecto iberoamericano, a “Caravana Americana”, tecido coa colaboración de músicos de todos os sitios que visitou. Esta experiencia deixou un rastro intenso no disco “Atlántico” (Esmerarte, 2012), en honor ao océano que nos une e á vez nos separa do continente americano.

“Paramales” (Esmerarte, 2015) é o seu álbum número 13 e o segundo en solitario. É un paso máis no son do galego. Unha porta que se abre para deixar entrar aires contemporáneos e urbanitas en 13 cancións gravadas en Madrid, pero concebidas a ambas costas do Atlántico.

Revisionismo músico-personal co que se atreve a rescatar dende a súa etapa mod o seu gusto polo Northem Soul e Small Faces, ata toques afrogalaicos, pasando polas súas habituais guitarras españolas, atrevidos xogos de estéreos ou riffs aos que xa nos tiña acostumados anos atrás.

Contratación

Esmerarte Industrias Creativas
Cristina García
(+34) 986 135 884 - (+34) 630 809 652
cristina@esmerarte.com

Discografía

Sueños y Pan

XOEL LÓPEZ

2017, Altafonte baixo licenza exclusiva de Esmerarte

Xoel López en directo en Joy Eslava

XOEL LÓPEZ

2016, Esmerarte

Paramales

XOEL LÓPEZ

2015, Esmerarte

Atlántico

XOEL LÓPEZ

2012, Esmerarte

Vídeos

Madrid

XOEL LÓPEZ

Lodo

XOEL LÓPEZ

Joven Poeta

XOEL LÓPEZ

Caracoles

XOEL LÓPEZ

Yo solo quería que me llevarás a bailar

XOEL LÓPEZ

Patagonia

XOEL LÓPEZ

Tal vez tamén che gusten