• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Erick Feles

Erick Feles, tamén coñecido como Erick Corrente, é un mozo valenciano nacido o 19 de xaneiro de 1987 no seo dunha familia de artistas carabobeños, escultores, artistas plásticos, músicos e luthiers. Iniciou a súa carreira musical aos tan só 7 anos con estudos básicos de lectura de partitura e execución de piano. Continuou os seus estudos anos máis tarde con percusión latina, rítmica e música jazz aplicada á batería, e desde o 2001, con outros instrumentos e gaitas de fol, o que fai del un músico completo tanto en ritmo coma en harmonía.

Desde 2005, Erick Feles comezou a súa carreira musical como solista coa súa primeira produción discográfica, titulada "Galician Celtic Feelings", proxectándose no exterior en países como Brasil e España. Tamén traballou en conxunto coa Compañía Makandal e a Agrupación Cultural Aires da Terra, e foi representante de Venezuela no XIX Concurso de Gaita Constantino Bellón, onde obtivo o premio "Gaiteiro de Soutelo" (primeiro lugar para participantes estranxeiros).

Na actualidade preocupouse por levar a cabo a execución de moitos instrumentos nas súas producións discográficas, definindo un traballo de arranxos musicais como multiinstrumentista. Tocou para a súa última producción, "A Batalla", instrumentos como gaitas en sol, do, re, la, si, tin whistles, frauta tenor, frauta soprano, ocarinas, asubíos, berimbaos, darbuka, guitarra acústica e eléctrica, baixo, batería, batería electrónica, controladores midi, pianos e voces.

Contratación

Erick Feles
(+34) 627 883 545 - (+34) 664 893 895
nigerfeles@hotmail.com

Discografía

La batalla

ERICK FELES

2013,

Vídeos

in my dreams

ERICK FELES

La Batalla

ERICK FELES

Tal vez tamén che gusten