• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Milesios

Milesios é un grupo de música folk que recolle e re-interpreta a música tradicional galega e irlandesa na idea de que foron os galegos de hai miles de anos os que levaron a Irlanda a nosa cultura, que evolucionou de xeito paralelo. Milesios leva desde 2009 viaxando polos escenarios de toda Galiza e o norte de Portugal, compartindo cartel con grupos como Berrogüetto, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Capercaillie, por citar só algúns deles.

No ano 2015, foron premiados no III Certame Folk en la Sierra - FIS 2012, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria. En 2013, saíu á luz o seu primeiro CD: “alén mar”, con colaboracións de Pilocha e Carolina Vázquez, produción sonora de Ezequiel Orol, deseño de Daniel Díaz Trigo e textos de Nerea Pallares. En 2017, publican “indoevindo”, libro-CD con fotografías de Daniel Díaz e produción sonora de Arturo Vaquero. En 2024, os Milesios continúan a súa viaxe, percorrendo territorios cos que compoñer “CARTOGRAFÍAS” musicais que evocan lugares en Italia, Bretaña, Irlanda e Galiza. Este terceiro traballo foi gravado e masterizado en Kollapse Studio por Iván Ferro. O deseño gráfico e a fotografía correu a cargo de Daniel Díaz Trigo.

Milesios son: Maite Veiga: voz e baixo; Marta Portela: voz, pandeireta e outras percusións; Manuel Mª Veiga: bouzouki, mandolina, frautas, saxofón, zanfona, guitarra, baixo; Manuel do Moucheiro: guitarra; Noelia Fersán: gaitas e frautas; Paula Veiga: violín; Senén Montero: acordeón, tamboril, batería, bodhrán e outras percusións.

Contratación

Asociación Musical e Cultural Milesios
Manuel Veiga Díaz
(+34) 629 807 906
grupomilesios@gmail.com

Discografía

Cartografías

MILESIOS

2024, Asociación Musical e Cultural Milesios

Indoevindo

MILESIOS

2017, Milesios

Alén Mar

MILESIOS, PILOCHA MARTÍNEZ, CAROLINA VÁZQUEZ

2013, Milesios

Vídeos

Valse de Ribarteme

MILESIOS

Indoevindo

MILESIOS, DANIEL DÍAZ TRIGO

Alén mar

MILESIOS

Tal vez tamén che gusten