• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Tu Mujer Nos Engaña

Tu Mujer Nos Egaña fórmase na Bandeira (Silleda) no ano 2010. O seu estilo musical foi avanzando dende o rock-ska ata o rock fusión onde se sinten máis cómodos.

En 2010 son seleccionados xunto a outros 14 grupos para gravar un cd recopilatorio dos grupos de rock galegos máis destacados dese ano.

Entran no 2011 gañando o concurso Novo Son organizado pola Radio Galega e o Derrame Rock no apartado Músicas Urbanas.

No verán do 2012 lanzan ao mercado o seu primerio traballo de estudio “Que no te cuenten cuentos”, que sae baixo o seu propio selo discográfico Xonix Records. Ese mesmo ano volven quedar gañadores no Novo Son, esta vez na categoría Pop-rock.

No 2013, e grazas a boa acollida do seu primerio traballo discográfico, comezan un longa xira por toda Galiza con moi boa acollida entre o público e a prensa especializada, así como un feixe de actuacións en TV, en programas como “Luar”, “Tourilandia”, “A Solaina”, “Bamboleo”... Nese ano tamén son seleccionados para participar cun tema na banda sonora orixinal da serie de TV “Chapa e Pintura”.

Trocan de ano e no 2014 participan no tributo o grupo lugués de garage Los Contentos, xunto a grupos como Siniestro Total e Josele Santiago; tamén son convidados a participar no recopilatorio homenaxe a Manuel Seixas, xunto os mellores grupos do rock galego do momento.

No 2015 son escollidos polo concello de Vila Nova de Cerveira (Portugal) para gravar dous videoclips de promoción turística na vila irmá cun tema propio do grupo e unha versión de “Grândola Vila Morena”.

Contratación

Xonix Records S.L.
Lolo Arincón
(+34) 619 730 066
xonixrecords@gmail.com

Discografía

Que no te cuenten cuentos

TU MUJER NOS ENGAÑA

2012, Xonix Records

Vídeos

Todo Sale Mal

TU MUJER NOS ENGAÑA

Malas línguas

TU MUJER NOS ENGAÑA

Condenado

TU MUJER NOS ENGAÑA

A Nosa Terra (Luar)

TU MUJER NOS ENGAÑA

Se nos van las noches (Ao vivo en Tourilandia)

TU MUJER NOS ENGAÑA

Chapa e pintura

TU MUJER NOS ENGAÑA

Tal vez tamén che gusten