• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Malasömbra

Malasömbra fundouse no ano 1996 e o seu estilo encádrase dentro do heavy metal. Participaron en infinidade de festivais ao longo da súa traxectoria e compartido con grupos do talle de Barón Rojo, Obús, Rosendo, Burning, Loquillo, Siniestro Total, Los Suaves, Michael Schenker Group/Temple of Rock, Ankhara, El Último ke Zierre, Soziedad Alkoholika, El Drogas y N.E.O., entre outros.

Interpretan un repertorio composto por temas propios de heavy metal; polas súas letras e as súas coidadas melodías as súas actuacións poden catalogarse como aptas para públicos esixentes.

DISCOGRAFÍA:

-2000: Gravan a súa primeira maqueta, sen título.

-2003: A súa segunda maqueta, "Hombre sin fe", faise realidade.

-2008: Editan o seu primeiro disco, "Círculo mágico".

-2009: Son incluídos no recompilatorio "Metalicia.com Vol. 2" de bandas galegas de metal.

-2018: Sae á luz o EP "Pienso en ti", adianto do seu vindeiro disco.

PREMIOS:

-1997: Finalistas no I Concurso de Maketas Cuac FM.

-2002: Gañadores do concurso "III Festival Rock La Cueva del Pirata".

-2014: Grupo gañador da Batalla de Bandas, Sada (Fase Local).

-2015: Gañadores do concurso "Novo Son 2015", da Radio Galega.

-2019: Seleccionados para a "Batalla de Bandas Trece Roeis", en Ferreira de Pantón (Lugo).

-2019: Seleccionados para o XXVIII Festival Rock in Cambre.

-2019: Gañadores do III Concurso de Bandas Emerxentes Ameixa Rock.

Contratación

A.C. Malasömbra
José Cousillas
693 396 963 - Luis 696917163
malasombrabanda@gmail.com

Discografía

Pienso en ti

MALASÖMBRA

2018, Autoproducido

Círculo Mágico

MALASÖMBRA

2008, Autoproducido

Vídeos

Pienso en ti

MALASÖMBRA

Tal vez tamén che gusten

Licor Café Rock Band

Mano de Piedra

Mr. Kamándula

N.O.M. (Nova Orde Mundial)