• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
TRAC

Despois de dous álbums decididamente conceptuais —“Man” e “El bosque sin árboles”— TRAC presenta en 2022 a súa nova obra, titulada "Trac3": máis dunha hora de música espallada por oito pezas que navegan outra vez con liberdade entre as augas do rock progresivo.

O contido principal do álbum vén acoutado polas minisuites ‘El crepúsculo de la doble visión’ e ‘Contrastes’ e, entre elas, corren catro pezas tamén orixinais: ‘Ingravidez’, ‘La hierba cortada’, ‘Liza’ e ‘Rock & Prog’, ás que se xunta a singular reinterpretación desenvolta sobre "El hombre y la tierra" de Antón García Abril.

Como “bonus trac” vai incluído o clásico de Charles Mingus ‘Goodbye Pork Pie Hat’ segundo a versión interpretada no seu tempo por Jeff Beck, que TRAC recupera agora nun tributo a ambos.

O álbum “Man” é unha suite arredor do artista Manfred Gnädinger, o “alemán de Camelle”, desde as súas orixes no Lago Constanza, a súa chegada a terras galegas, a súa obra ao longo de 40 anos en Camelle até a súa tráxica morte cando o desastre do Prestige. O disco "El bosque sin árboles" inclúe temáticas e sonoridades diversas, desde os encadeamentos instrumentais (‘ECM’) á pura introspección (‘Luminarias’) ou á expresión de rabia (‘Generación maldita’), sen esquecer o protagonismo da suite ecolóxica que dá título ao álbum.

TRAC son Moncho Pardo (guitarra eléctrica, efectos, voz), Luis Molina (baixo eléctrico, voz), Berto Morán (batería, percusión, guitarra acústica, voz) e Juan Cordonié (guitarra acústica, eléctrica e sintetizada, voz).

Contratación

Trac prog
Moncho Pardo / Juan Cordonié
670 919 805 - 629 851 540
trac.grupo@gmail.com

Discografía

Trac 3

TRAC

2022, Trac - Gourmet Sound

El Hombre y la Tierra (Radio Edit) - single

TRAC

2022, Trac - Gourmet Sound

Man

TRAC

2016, Trac - Gourmet Sound

El bosque sin árboles

TRAC

2016, Trac - Gourmet Sound

Vídeos

"ECM"

TRAC

El bosque sin árboles, Parte III (directo)

TRAC

MAN Parte III : Man en Galicia [ directo ]

TRAC

MAN Parte VI: Epílogo [directo]

TRAC

Recuncando

TRAC

Man reprise (Berto's mix)

TRAC

Tal vez tamén che gusten