• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Pakolas (Paco Cerdeira)

Paco Cerdeira, ou Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, é músico e compositor, e defínese como roqueiro e guitarreiro, creando música para tódolos públicos, dende os máis miúdos ata toda a familia.

Paco Cerdeira leva dedicándose ao público infantil dende xa hai máis de 16 anos, cunha longa traxectoria neste eido profesional. Comezou os seus pasos como membro de Mamá Cabra, e tras case dez anos formando parte desta formación, en 2014 decide formar unha banda de música infantil, e nace así A Gramola Gominola, que conta xa con tres libro-discos editados por Sonárbore (Ed Galaxia), “A Gramola Gominola” (2015), "Cancións para desafinar" (2017) e “Bravas. O rexurdir da luz” (2019)

A finais do ano 2015 comeza a artellar o seu proxecto máis persoal e nace así a proposta de “Pakolas” na que segue a traballar para os cativos con letras e composicións propias. O seu primeiro traballo en solitario sae á luz en novembro de 2017, un libro-disco editado pola Editorial Galaxia na súa colección Sonárbore, co seu nome “Pakolas”. En 2020, e na mesma colección sae editado o seu segundo libro-disco “Ramona Órbita, a Dona do Tempo”. En Abril de 2023 sae ao mercado o seu último traballo musical “A Ramona Pequena vai á Lúa” (Ed Galaxia)

Os espectáculos de Pakolas en pequeno formato levan xirando por toda Galicia dende abril de 2017, cunha formidable acollida de público. En 2023 gaña o XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e é finalista nos 10º Premios Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil.

Contratación

Pakolas
Paco Cerdeira
649 611 845
pakolas.cerdeira@gmail.com

Discografía

A Ramona pequena vai á Lúa

PAKOLAS

2023, Editorial Galaxia

Ramona Órbita, a dona do tempo

PAKOLAS

2020, Editorial Galaxia

Pakolas

PAKOLAS

2017, Ed Galaxia

Vídeos

"Voltar" de Pakolas

PAKOLAS

"O Furafollas" de Pakolas

PAKOLAS

Vídeo-promo Ramona pequena

PAKOLAS

Vídeo-promo Ramona Órbita

PAKOLAS

Ramona Órbita (con Iria e Ana)

PAKOLAS

Cores, contos e rock'n'roll con Pakolas e Laura Romero

PAKOLAS

Tal vez tamén che gusten