• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Manuel Gutiérrez

Pianista fundamentalmente autodidacta, aínda que habitualmente participou en seminarios, clases maestras e particulares de piano, harmonía e composición con profesores como Bill Dobbins, Dave Schnitter ou Barry Harris, no ámbito jazzístico, e cos directores de orquestra Rafael Rodríguez Camacho e Joan Ensenyat, entre outros.

A súa carreira profesional abarca desde o rock, folk, world music, blues, jazz ou as gravacións como músico de sesión, ata a composición de música para teatro ou documentais. Tocou en festivais en España, Portugal, Francia, Marrocos, Bulgaria, Suíza, Sudáfrica, Bolivia, Corea Do Sur, México, Guatemala, O Salvador, Nicaragua, Honduras e China.

Na actualidade, traballa fundamentalmente con Sumrrá, xunto a Xacobe Martínez e Lar Legido, e como profesor de piano e combo en Estudio Escola De Música.

Contratación

Mada Producción
Inés Portela
690 195 217
inesportela@madapro.gal

Discografía

Illa da Lúa

MANUEL GUTIERREZ TRIO

2012, Free Code

Vídeos

Bagoas na chuvia

MANUEL GUTIERREZ TRIO

Reincidente

MANUEL GUTIERREZ TRIO

Tal vez tamén che gusten

4Mal Quartet Jazz

Abe Rábade

Alexandre Cabanelas Trío

Alfonso Calvo Septet

Álvaro Vieito 4

Borja Cao Trío