• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Carmen Penim

Carmen Penim estudou canto lírico e jazz en Italia, onde fundou o dúo 2naFronteira (2008) xunto co pianista italiano Maurizio Polsinelli. Con este dúo, Carmen publicou catro referencias nas que a lingua e a cultura galega son protagonistas desde un enfoque musical ecléctico.

As composicións de Carmen caracterízanse por unha gran sensibilidade e empatía para contar historias heroicas e simples das xentes do pobo galego. Nas súas cancións pódese ouvir de forma clara a voz colectiva do Couto Mixto, nomeadamente das súas mulleres. En canto á interpretación ao vivo, o público e os críticos resaltan a súa dozura na comunicación co público, a forza expresiva e unha das mellores voces actuais, con grande variedade de rexistros e cores e cunha forte emotividade.

En 2017 publica o seu primeiro traballo en solitario, “Herdeiras”, no que coordina a máis de 25 persoas, entre músicas, ensaístas, poetas... Muller, identidade e memoria son o centro deste traballo, que inclúe tamén unha curtametraxe de Margarita Ledo. Pretende con este proxecto visibilizar ás mulleres heroínas do 36, e asemade o traballo das creadoras e músicas actuais. Musicalmente, “Herdeiras” encádrase no jazz e a improvisación vocal, con elementos interpretativos teatrais e arranxos usados para os arcos. No escenario conta coa coreografía e danza de Xiana Vilas.

A maiores, Carmen traballa pola recuperación do harmonio de igrexa para uso concertístico a través do proxecto “A voz da pedra”.

Contratación

Mércores comunicación
Mercedes Cernadas
628 179 013
comunicacion@mercores.com

Discografía

Cantos de terra e sal

CARMEN PENIM

2020, Independente

Herdeiras

CARMEN PENIM

2017, independente

Vídeos

Canto de seitura

CARMEN PENIM

Vertical

CARMEN PENIM

Así soa Herdeiras

CARMEN PENIM

Tal vez tamén che gusten