• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
DOUS

Dúas personalidades diferentes, dúas bagaxes vitais coas súas influencias sonoras que se unen para crear un todo chamado DOUS.

Neste ano 2017 DOUS presenta “A viaxe de Yoyo”, o seu terceiro traballo discográfico editado baixo o selo galego Nakra e no que continúan na liña marcada nos seus dous traballos anteriores, mesturando influencias de músicas do mundo e improvisación para crear un repertorio de composicións propias que profundizan na procura da emoción por riba do virtuosismo técnico convidando ao ouvinte a unha viaxe a través dos sentidos.

Fernando Abreu nos clarinetes e Pablo Carrera nas guitarras e a voz comezan este proxecto alá polo ano 2001 cando se coñecen durante a gravación do primeiro disco de Mercedes Peón. A partir daquel encontro realizan sesións de improvisación que deixan gravadas e que servirán tempo despois como base das composicións recollidas no seu primeiro traballo discográfico “sÓ sOn sOns” (Falcatruada, 2008).

Entre estes dous traballos publican “DOUS” (Nakra, 2012), crean os espazos sonoros dos espectáculos “A paz do crepúsculo” e “García”, dirixidos por Cándido Pazó e colaboran regularmente en obradoiros de arteterapia por toda a Península formando parte do equipo VOArte xunto a Víctor Orive (Voa), onde teñen profundizado na capacidade terapéutica da música.


DOUS foi finalista en tres das catro edicións celebradas dos Premios Martín Códax da Música.

Contratación

Pablo Carrera
617 514 182
dous@sondous.com

Discografía

DOUS

DOUS

2012, Nakra

sÓ sOn sOns

DOUS

2008, Falcatruada

NOn sOn sÓ sOns

DOUS

2008, Alg-a Netlabel

Vídeos

Paripé

DOUS

DOUS en Xustáns

DOUS

Un paseo polo Tea

DOUS

DOUS en Melgaço

DOUS

Tal vez tamén che gusten