• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

QUENTANDO MOTORES PARA UN 2017 CARGADIÑO DE FESTIVAIS. PARTE II: AGOSTO-DECEMBRO

Quentando motores para un 2017 cargadiño de festivais. Parte II: Agosto-Decembro
25 MARZO 2017

Quedades desfrutando da terriña en agosto? Comezades o outono con morriña de festival? Reservade un pouquiño de enerxía dos festivais anteriores (de abril a xullo), porque aquí vos traemos a info e ligazóns imprescindibles dos festivais GalicianTunes que enchen os meses de agosto a decembro. 

 

SONRÍAS BAIXAS

O festival «de festivaleiros para festivaleiros» coa música como protagonista que ofrece unha programación fresca e orixinal que mestura artistas consagrados do panorama nacional e internacional.

Cando?: 3 ao 5 de agosto

Onde?: Bueu (Pontevedra)

Quen?: Estopa • Todos Tus Muertos • Amparanoia • Sés • Narco • Arco • Dubioza Kolektiv • Mad Professor • Guerrera • Zoo • Dakidarria • Pedrá - Tributo a Extremoduro

Canto?: Compra online anticipada en https://www.ticketea.com/entradas-festival-sonrias-baixas-2017/ dende 32€ máis gastos de xestión, acampada incluída

 

OSA DO MAR

Coa música como telón de fondo, ademais dunha oferta de actividades culturais, deportivas e diferentes servizos, Osa do Mar preséntase cun cartel que se podería considerara alternativo, underground e de calidade, tentando fusionar diferentes estilos (rock, pop, indie...).

Cando?: 18 e 19 de agosto

Onde?: Burela (Lugo)

Quen?: Rufus T. Firefly • Cala Vento • León Benavente • Viva Belgrado • Banana Bahia Music • Ángel Stanich • The Bots (más por confirmar)

Canto?: Compra online anticipada en https://entradium.com/entradas/osa-do-mar-2017#tickets dende 12€

 

 

REVENIDAS

O Revenidas é unha cita anual imprescindible no calendario dos festivais galegos. En Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), reúnense cada agosto artistas de dentro e de fóra, unidos por sons mestizos á vez que de marcado carácter popular, que acompañan e promoven a festa e reivindican a cultura e o espazo público como patrimonio dos cidadáns.

Cando?: 18 ao 20 de agosto

Onde?: Vilaxoán de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Quen?: Por confirmar

Canto?: Compra online anticipada en http://revenidas.com/ con promoción de 100 bonos a 23€ máis gastos de xestión dende o 23 de marzo ás 10.00.

 

V DE VALARÉS

V de Valarés é unha invitación a desfrutar de moito máis cun festival de música de verán, ofrecendo unha experiencia única de turismo alternativo, unha forma alcanzábel e diferente de pasar un día irrepetibel unha experiencia, para os cinco sentidos, sobre todo para o oído: música, electrónica, garage, indie e pop-rock.

Cando?: 18 e 19 de agosto

Onde?: Praia de Balarés, Ponteceso (A Coruña)

Quen?: El Mató a un Policía Motorizado • The New Raemon & McEnroe • White Bats (máis por confirmar)

Canto?: Compra online anticipada en http://tickets.wegow.com/entradas/v-de-valares-2017 desde 15€ a 30€.

Máis?: Obradoiros medioambientais, o festival prové colectores de reciclaxe e se encarga da recollida selectiva e un espazo gratuíto para as principais organizacións ecoloxistas. Voluntariado, un equipo de máis de 50 persoas colabora en tarefas de limpeza e mantemento da área do festival. Mobilidade, aportación gratuíta de transporte público minimizando as emisións de CO2 no área do festival. Abono de acampada dende o 18 de agosto ás 11.00 ata o 20 de agosto ás 12.00.

 

SON-PAF! FESTIVAL DE MÚSICA

TriFestival que busca achegar ao público as diferentes sensacións que aporta a música sen facer distincións de estilo, xa que aposta por incluír nun mesmo saco a música pop, art, clásica e folk, dando así voz aos novos e talentosos intérpretes galegos.

Cando?: Mediados-finais de agosto (datas por confirmar)

Onde?: Centro Cultural de Santa María de Xeve (Pontevedra)

Quen?: Por confirmar

Canto?: Por confirmar

 

NORDESTAZO ROCK

Festival de espíritu rockeiro e alma mariñeira que transforma Malpica de Bergantiños (A Coruña) na capital rockeira da Costa da Morte. Durante o festival sucédense os directos de bandas galegas, nacionais e internacionaiss, mesturados con actividades deportivas e de ocio para os máis pequenos.

Cuándo: Finais de agosto (datas por confirmar)

Dónde: Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Quién: Por confirmar

Cuánto: Por confirmar

 

ORIXE CANDENTE

Orixe Candente é unha programación eurorexional, cultural e solidaria para a dinamización turística do Camiño Portugués e o Turismo Termal, así como a dinamización sociocultural da problación na súa contorna.

Cando?: Mediados-finales de agosto (datas por confirmar)

Onde?: Caldas de Reis (Pontevedra)

Quen?: Por confirmar

Canto?: Entrada solidaria; doazón de alimentos non perecedeiros

 

FESTIVAL ARTEFICIAL

O Arteficial nace co obxetivo de potenciar as iniciativas e mezclar diversas formas de expresión cultural dende o punto de vista da xente xoven e dende unha postura actual e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral.

Cando?: 2 de setembro

Onde?: Ribadavia (Ourense)

Quen?: First Breath After Coma • Soledad Vélez • Mow • The Phantom Dragsters (máis por confirmar)

Canto?: Por confirmar

 

FESTIVAL DE LA LUZ

Festival único e solidario para público de 0-99 anos con ganas de desfrutar a música, a gastronomía, as demostracións, o teatro, a granxa e as experiencias nun recindo onde reinan a natureza, a reciclaxe, a sostenibilidade e a innovación.

Cando?: Principios de setembro (datas por confirmar)

Onde?: Boimorto (A Coruña)

Quen?: Por confirmar

Canto?: Por confirmar

 

WOS FESTIVAL

Encontro de carácter anual que defende unha visión amplia da cultura alternativa e de vangarda coa música como motor principal, pero cunha clara vocación multidisciplinar, o WOS promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais. Música, artes visuais, cine, artes escénicas, obradoiros, conferencias e gastronomía danse cita en máis de dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.

Cando?: Principios de setembro (datas por confirmar)

Onde?: Santiago de Compostela (A Coruña)

Quen?: Por confirmar

Canto?: Por confirmar

 

LIVE FOR MADNESS METAL FEST

Festival independente e de carácter non lucrativo e cuxo principal obxectivo é a promoción e lanzamento de bandas de metal españolas, e en especial as galegas, así como a potenciación de dito estilo musical na provincia.

Cando?: 23 de setembro

Onde?: Ourense

Quen?: Por confirmar

Canto?: Por confirmar

 

ESPAZOS SONOROS

Festival en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que pretende vincular a música coa posta en valor do patrimonio histórico-artístico, mediante a celebración de concertos de música clásica e outros estilos musicais ao longo de diferentes e sorprendentes espazos de interese cultural das catro provincias galegas.

Cando?: Setembro-outubro (datas por confirmar)

Onde?: Galicia

Quen?: Por confirmar

Canto?: Por confirmar

 

FESTIVAL VERTIXE SONORA

O Vertixe Sonora ofrece unha panorámica ampla e desprexuizada da creación sonora internacional que recolle o diverso acontecer sonoro da nosa época e que contribúe ao recoñecemento internacional da nosa comunidade e a construción dunha identidade artística sólida e de prestixio. Na súa programación conta coa presenza de compositores e intérpretes de referencia, froito do intenso traballo en red que o ensemble desenvolve ao longo do ano na escena internacional.

Cando?: Outubro-novembro (datas por confirmar)

Onde?: Vigo-Pontevedra (Pontevedra)

Quen?: Por confirmar

Canto?: Por confirmar

 

¿Seica botades de menos algúns? A listaxe de festis de abril a xullo está aquí!

  noticias