• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

CANDIDATURAS GALEGAS AOS PREMIOS MIN 2019. PARTE I: DO A AO L

CANDIDATURAS GALEGAS AOS PREMIOS MIN 2019. PARTE I: DO A AO L
9 FEBREIRO 2019

Nesta 11ª edición dos Premios MIN, a UFI volve apostar pola participación activa do público, que será o encargado de escoller os 30 semifinalistas de cada categoría entre a gran cantidade de candidaturas.

Para votar, debedes rexistrarvos en premiosmin.com cun nome de usuario e contrasinal e, unha vez validado o voso correo electrónico, poderedes votar ata cinco artistas por categoría. Este proceso de votación popular estará abertos ata este luns 11 de febreiro e, logo duns días, publicaranse os 30 finalistas; deses semifinalistas, un xurado profesional decidirá aos cinco nomeados de cada categoría.

Seguindo a afirmación de que en todos lados atopas un galego, entre tooooooodas as candidaturas non atopamos un... senón 48, 48 artistas ou grupos galegos (ou con algún galego implicado)! Desde GalicianTunes non queremos que se vos escape ningún, polo que vos deixamos cos 22 primeiros artistas, os que van do A ao L, e en que categorías son candidatos. Votade, votade, malditos!

 

Abe Rábade Trío [Ver en GalicianTunes]: Álbum: Doravante (Karonte, 2018); Álbum de jazz: Doravante (Karonte, 2018)

 

 

 

Alba Messa: Canción do ano: “Fantasma”; Videoclip: “Fantasma”

 

 

 

Baldo Martínez: Álbum: Cuarteto Europa (Karonte, 2018); Álbum de jazz: Cuarteto Europa (Karonte, 2018)

 

 

 

Basanta [Ver en GalicianTunes]: Artista emerxente; Canción do ano: “Gris”; Álbum: Colorama (C4Music, 2018);  Álbum de pop: Colorama (C4Music, 2018); Produción musical; Deseño gráfico: LeonKa Kafre; Videoclip: “Inferis”

 

 

 

BFlecha: Videoclip “Arecibo”

 

 

 

Birds & Cables: Artista emerxente; Canción do ano: “Older with you”; Videoclip: “Older With You”

 

 

 

Bleset, Yahaira & David Van Bylen: Canción do ano: “Freedom remix”; Produción musical

 

 

 

Chicharrón [Ver en GalicianTunes]: Canción do ano: “Non Creo Nada Do Que Venden”; Álbum: Cancións Clínicas (Prenom, 2018); Álbum de pop: Cancións Clínicas (Prenom, 2018); Álbum en galego: Cancións Clínicas (Prenom, 2018); Produción musical; Deseño gráfico: Prenom

 

 

 

Colorado: Canción do ano: “Canciones Viajeras”

 

 

 

Cora Novoa: Artista; Canción do ano: “Russian Bells”; Produción musical; Videoclip: “Russian Bells”; Directo: Cora Novoa presents Mental Diary Live

 

 

 

Diariodeverano [Ver en GalicianTunes]: Artista emerxente; Canción do ano: “Piedra o papel. Tijera”; Produción musical

 

 

 

Disco Las Palmeras! [Ver en GalicianTunes]: Artista; Canción do ano: “Alegría”; Álbum: Cálida (Sonido Muchacho, 2018), Álbum de rock: Cálida (Sonido Muchacho, 2018)

 

 

 

Ezetaerre [Ver en GaliciaTunes]: Artista emerxente; Álbum: Pólvora e tormenta (Kasba Music, 2018); Álbum de hip hop e músicas urbanas: Pólvora e tormenta (Kasba Music, 2018); Álbum en galego: Pólvora e tormenta (Kasba Music, 2018); Deseño gráfico: Santa Guerrilla; Videoclip: “Matar a Mc Carthy”

 

 

 

Family Folks: Artista; Álbum: The Anvil Sea (Gaztelupeko Hotsak, 2018); Álbum de rock: The Anvil Sea (Gaztelupeko Hotsak, 2018); Deseño gráfico: Rubén Suarez

 

 

 

Fredi Leis: Artista emerxente; Canción do ano: “Sálvate”; Álbum: Neón (Sin Anestesia, 2018); Álbum de pop: Neón (Sin Anestesia, 2018); Produción musical; Deseño gráfico: Antonio Arias; Videoclip: “Sálvate”; Directo: Gira Neón-La Riviera-13 septiembre

 

 

 

Germán Díaz & Benxamín Otero: Artista; Álbum: Trece cancións bonitas (Producciones efímeras, 2018); Álbum de músicas do mundo e fusión: Trece cancións bonitas (Producciones efímeras, 2018); Deseño gráfico: Fernando Fuentes

 

 

 

Hard GZ: Artista, Canción do ano: “Love”; Álbum: Versus (La Utopía Del Norte, 2018); Álbum de hip-hop e músicas urbanas: Versus (La Utopía Del Norte, 2018); Videoclip: “Espantapájaros”

 

 

 

Ith [Ver en GalicianTunes]: Artista; Canción do ano: “Só eu”; Álbum: O mínimo que o contén todo (2018); Álbum de rock: O mínimo que o contén todo (2018); Álbum en galego: O mínimo que o contén todo (2018)

 

 

 

Iván Caride: Artista emerxente, Canción do ano: “Fly”; Videoclip: “Fly”

 

 

 

Kings Of The Beach: Artista emerxente; Álbum: Super Awkward, Fucking Awesome (Ciudad Oasis, 2018); Álbum de rock: Super Awkward, Fucking Awesome (Ciudad Oasis, 2018); Directo: Semifinal Villa de Bilbao

 

 

 

La casa de los ingleses [Ver en GalicianTunes]: Artista emerxente; Canción do ano: “Nunca lo veremos”; Álbum: La Tierra es plana (2018); Álbum de pop: La Tierra es plana (2018); Videoclip: “Nunca lo veremos”

 

 

 

López & Kadziela: Álbum: Augmentation (Jazz Activist, 2018); Álbum de jazz: Augmentation (Jazz Activist, 2018)

 

 

Para «estudiar» os 25 restantes, do M ao Z, pasade por aquí!

  noticias