• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NOVOS LANZAMENTOS. XUÑO 2019

Novos lanzamentos. Xuño 2019
5 XULLO 2019

 

 

Con Cebola ou Sen CebolaA Banda da Balbina

E con esto non queremos abrir debate sobre as preferencias persoais da tortilla de pataca da avoa, senón presentar o novo traballo discográfico da Banda da Balbina. Tres aniños pasaron desde a publicación de Convertindo Cuncas en Ferrados (Sonaxe Records, 2016), e xusto cando pensabamos que Balbina & Cía optaran por dedicarse exclusivamente aos escenarios, sorpréndennos con Con Cebola ou Sen Cebola (2019), LP composto por 11 cancións que manteñen os ritmos festeiros e a retranca ao cantar e contar historias comúns en lingua galega.

 

 

 

 

Me Cuesta Tanto OlvidarteXoel López ft. Combo Viramundo

Combo Viramundo é un proxecto de versións «ocasional e subterráneo» formado por Xoel López (voz), David Quinzán (baixo), Fernando Lamas (batería) e Adrián (percusión) e Pablo Seijas (piano). Durante a promoción do seu último LP, Sueños y Pan (Altafonte baixo licenza exclusiva de Esmerarte, 2017), o artista coruñés recoñeceu que desfrutaba facendo versións e non descartaba lanzar un traballo cheo delas. A primeira? “Me Cuesta Tanto Olvidarte”, orixinal de Mecano, cover que Xoel López tropicalizou aportando calor e ritmo a través de «percusións festivas, frautas e todo tipo de arranxos».

 

 

 

 

 

 

The ForestPálida

O último que soubemos del viña envolto nunha «esfera pálida de cancións concéntricas», A White Sphere (2018), un EP de catro cortes que definía como «un conto Lovecraft, un arrolo, Chinatown, unha danza tribal e unha fase de Mega Man X». Pálida convídanos agora á súa fraga sonora particular con The Forest (2019), single coeditado por La Melona e MENTA, e masterizado en Estudio Terraforma (O Hío). Con artwork de Marcos Clavero, o novo traballo do produtor vigués está composto por tres cortes que fusionan techno, noise e psicodelia, brindándonos unha paisaxe acústica enérxica e letal coa vista posta enriba dos escenarios. Escoitas “Druida”, peza que, un día despois da súa estrea, abriu Siglo 21 (Radio 3) de Tomás Fernando Flores.

 

 

 

 

 

Baila, BailaMCarballo Band

O quinto traballo de MCarballo é unha clara invitación á pista de baile. Grabado en los estudios Tooma de Esgos (Ourense) y producido por Manuel Carballo y David G. Outumuro (Eladio y Los Seres Queridos), Baila, baila (2019) está compuesto por media docena de temas diferenciados, aunque manteniendo siempre un marcado estilo propio que nos llevan de la mano por seis historias de lo más bailables. O single-presentación, homónimo, é unha canción dedicada aos enfermos de alzhéimer xa que, segundo afirma o grupo ourensán, «a música e esta enfermedade teñen unha relación estraña, poderosa e fascinante [...] música chea de ritmo [que] desbloquea lembranzas e capacidades cognitivas ata envolvelos nun océano de marabillosas emocións».

 

 

 

Todo isto e moito máis na nosa lista de Singles 2019 que podes seguir en Spotify e que se actualiza constantemente para manterte ao día de todas as novidades dos artistas e grupos da plataforma.

 

 

 

  noticias