• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Eladio y los Seres Queridos

Tras recoller o Premio Galego da Música á mellor banda galega Indie/Pop 2013, volven poñerse en mans dos produtores Manuel Colmenero e Javibu Carretero para facer realidade o seu terceiro traballo: ‘Orden invisible’ (Esmerarte, 2014). Unh colección de 12 cancións repletas de fermosas melodías, letras intelixentes e coidadas e cunha contundencia na súa manufactura final que o converten nun traballo dunha sinceridade abrumadora.

“En ‘Orden invisible’ non se trataba de crear limpeza e pureza como nas dúas entregas anteriores [‘Esto que tienes delante’ (2007) e ‘Están ustedes unidos’ (2011)]. Metimos voces de nenos, cordas e metais, unha orquestra de saxofóns coa que adoitamos colaborar, gravacións de ambientes reais, moita menos rixidez e claqueta… Tratábase máis de capturar momentos máxicos”, explica Eladio Santos, cantante e compositor do cuarteto vigués. E é que a maior parte dos temas que conforman ‘Orden invisible’ son cancións maduradas durante moito tempo.

Temas como ‘Seremos santos inocentes’, ‘Bella durmiente’, ‘Niño salvaje’ ou ‘Highway to heaven’ son só algúns exemplos de cómo ‘Orden invisible’ pode verse como unha especie de manual de instrucións para a vida elaborado nunha viaxe musical que visita estacións dos mellores rock, pop e folk nacionais. “Se se le entre liñas atópase facilmente a mensaxe: temos o impulso de vivir e loitar ata o final. Ese impulso, malia todas as nosas limitacións e a nosa docilidade, é a orde invisible que seguimos día a día”.

Contratación

Esmerarte Industrias Creativas
Montserrat Miguélez
(+34) 986 135 884
montse@esmerarte.com

Discografía

Cantares

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

2016, Esmerarte

Virgen de la Carretera / Agardarei

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

2015, Esmerarte

Orden Invisible

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

2014, Esmerarte

Están ustedes unidos

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

2011, Esmerarte

Esto que tienes delante

ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS

2007, Grabaciones en el mar

Vídeos

Los dinosaurios

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Niño salvaje

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Seremos Santos Inocentes

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Eladio y los Seres Queridos con la Orquesta de Saxos del Conservatorio de Redondela

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Non quero perderte

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

La Cruz

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Tal vez tamén che gusten