
Nelson Quinteiro. Cangas. 1979Cantante, actor, bailarín, guionista e director de escena.En 2012 leva adiante a coprodución GHARBO! co Centro Coreográfico Galego (+ info en www.gharbo.org).Ten creado e dirixido 7 edicións do Festival Galego de Cabaré.Dirixe desde 2006 a Compañía Femme Fatale de teatro de rúa e cabaré, creando espectáculos como “As Nenas Perdidas”, “Unha cadeira para mover o mundo”, “Cabaréncrise”, “Brancas. Itinerario escénico urbano”, Master Class Cabaret, etc... (+ info en www.cabare3.org).Como cantante destaca como patrón do grupo Cabesa de Pau ou grumete de grupos como Liñaceira ou Maghúa Pandereteiros.Como vocalista crea espectáculos como "As Mans Perdidas", "Danza e Contradanza" ou "Gharbo!".En 2013, Nelson Quinteiro aborda o proxecto de que o seu repertorio vexa a luz en formato discográfico achegando outras melodías e ideas que teñen que ver coa súa traxectoria anterior de 15 anos investigando, compoñendo e arranxando temas da música tradicional galega.Para este proxecto emprende unha campaña de crowdfunding con moi bo resultado (www.gharbo.org/crowdfunding) e arróupase de novos músicos e colaboradores cos que estivo en contacto ao longo deste período como cantante ou director de escena, como Álex Lorenzo (guitarra, pedais e coros), Pulpiño Viascón (acordeón, zendrum, serrucho ou batería), Fran Castro (baixo e piano), Eduardo Méndez "Dubi" (saxo, traveseira) ou colaboradores como Silvia Penide, entre outros.
Contratación
Orquesta Gharbo!Koldobika Gomila Carro (+34) 886 311 513 - (+34) 615 684 769 nelson.quinteiro@gmail.com