• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Dioivo

Dioivo é un dúo de metal extremo fundado en Vigo en 2016. O grupo naceu poñendo música ao poema de Rosalía de Castro ‘Sempre pola morte esperas’; a partir de aí, seguiu adiante coa idea de mesturar estilos coma o black metal melódico ou o thrash, empregando a lingua galega e servíndose unicamente de batería, guitarra e voz. Desde o seu inicio está formado por Dani e Jacobo, que xa coincidiran na banda de thrash metal Rust in Peace.

Axiña comezaron a ser habituais de salas viguesas, como Transylvania ou Frenopátiko, e sacan seu primeiro EP, “Dioivo” (2016), gravado por Pablo López Figueroa. Co disco autoeditado baixo o brazo, comezan a tocar por salas de toda Galicia, e mesmo na localidade vasca de Amurrio xunto a Nakkiga, ou en Segovia xunto a Mortal Maze. Resultaron, ademais, galardoados co 2º premio no certame Xuventude Crea da Xunta en 2016 e 2017.

En 2018 gravan o seu primeiro longo, “Dioivo II”, en Unreal Studios (Marín); 50 minutos en oito temas onde incorporan o son da guitarra eléctrica de 12 cordas. O disco foi editado en xaneiro de 2019 polo selo estatal Darkwoods. A súa continuación chega en 2021 co EP “Dioivo III”, gravado en Vigo por Manu Coia e no que participan os vocalistas Dana e Marcos de Mileth. Ese mesmo ano lanzan “Retorno a Tagen Ata”, un tema de 11 minutos baseado na novela homónima de Méndez Ferrín e no que o propio autor participa facendo as narracións, gravado por Dany Soengas.

Contratación

Dioivo
Jacobo Mouriño Almeida
608 431 409 - 648 721 153
jacobo979@gmail.com

Discografía

Cara os Ceios Incrementes

DIOIVO

2023, Sleaszy Rider Records

Dioivo III

DIOIVO

2021, Darkwoods

Dioivo II

DIOIVO

2019, Darkwoods

Dioivo I

DIOIVO

2016, Independente

Vídeos

Ata o Final

DIOIVO

Por 100 Anos Máis

DIOIVO

Que importa que nos craven as cadeas

DIOIVO

Séculos Escuros (ao vivo)

DIOIVO

Cabeiros

DIOIVO

Hai Sede na Nova Galicia (videoclip oficial)

DIOIVO

Tal vez tamén che gusten