• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xosé A. Rodríguez Álvarez

Xosé Antonio Rodríguez Álvarez é un guitarrista clásico residente en Compostela, onde imparte clases no Conservatorio Profesional. Foi seleccionado como docente en cursos e clases maxistrais, organizou festivais no ámbito da música clásica e foi xurado de concursos internacionais.

Como guitarrista tocou tanto como solista como en diferentes grupos de cámara. Nos seus programas ten especial peso a música contemporánea (Cuarteto Azosso) e a exploración do repertorio a dúo con clarinete (Dúo Arvela) ou violín (Dúo Tau), sen renunciar ás versión de clásicos do rock do proxecto Khitara. Como solista destacan especialmente os seus últimos traballos sobre Astor Piazzolla ou o paraguaio Agustín Barrios.

Como profesor, recibiu numerosos recoñecementos por proxectos innovadores no eido das novas tecnoloxías.

Contratación

Xosé Antonio Rodríguez
665 262 546
xaramais@gmail.com

Vídeos

Una limosna por amor de Dios

XOSÉ A. RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

Tal vez tamén che gusten