• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Fran Pérez, Narf

Fran Pérez, Narf, é un compositor e cantor de longo percorrido, parte do cal está ligado ao ámbito do mundo lusófono. Gústalle definirse como "cancionista" e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade.

Editou catro discos como Narf: "Nas tardes escuras" (El Patito Editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro; "Aló irmao" (Falcatruada, 2010), con Manecas Costa; "Tótem" (Falcatruada, 2007) e "Directo en Compostela" (Changüí, 2003).

En solitario, a dúo, trío ou con banda, presentou a súa música en festivais internacionais como o Mercado Cultural de Salvador de Bahia, Câmbio Sonoro (Recife), Antídoto (São Paulo), varias edicións do Festival d'Agosto (Maputo), Festival de Mindelo ou Cantos na Maré (Pontevedra). Tamén noutros ámbitos como Bafim (Bos Aires), London City Festival (Londres), Feria del Libro (A Habana) ou Liet Lavlut (Östersund), onde acadou o segundo posto no concurso da canción en linguas minorizadas europeas. Levou tamén a súa música a escenarios de Bissau, Varsovia, Nova Delhi, Katmandú, Brighton, Barcelona, Cracovia ou Newcastle.

Sempre na procura de novas fórmulas artísticas, impulsou experiencias de creación, intercambio e coprodución, como os proxectos Bumba ou Da Zigala a Zemambiquo, cos mozambicanos Timbila Muzimba, ou o mencionado CD e DVD "Aló irmao!", co guineano Manecas Costa, co que conseguiu o n.º 1 nas listas radiofónicas da RDP África coa canción que lle dá nome ao proxecto.

Contratación


Discografía

Baladas da Galiza imaxinaria

UXÍA, NARF

2015, Uxía & Narf

Nas tardes escuras

NARF

2013, El Patito Editorial

Aló irmao!

NARF, MANECAS COSTA

2010, Falcatruada

Tótem

NARF

2007, Falcatruada

Directo en Compostela

NARF

2004, Changüí

Vídeos

Onda soante

UXÍA, NARF

Nas tardes escuras

NARF TRIO

A morte saiu à rua (Extraído do festival Terra da Fraternidade)

NARF

Woman rain

NARF

Tomorrow

NARF

Quero ser tambor

NARF

Tal vez tamén che gusten