• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Tiruleque

Nas súas actuacións están presentes instrumentos unidos á música tradicional galega, mais empregados ao seu xeito. Reinterpretando en certa maneira a tradición, TIRULEQUE recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso máis alá no uso das tonalidades e modos.

TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal deixando constancia da calidade dos seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira en dúas ocasións, Festival Intercéltico do Morrazo, Pardiñas ou Beltaine-Avilés Intercélticu. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient, con grande éxito de crítica e público neste último. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Tanxugueiras ou Kepa Junkera.

En 2009, 2013 e 2018 TIRULEQUE publicou os seus tres traballos discográficos "Tiruleque", "Mu!!" e "Outro que tal baila", producidos polo propio grupo.

En 2022 celebrou o 20 aniversario da súa formación coa edición dun novo traballo discográfico, composto por unha coidada escolma do seus mellores temas, e unha xira de concertos co mesmo nome, “Tiruleque, 20 Anos no Camiño”.

Contratación

La Yogurtera S.L
Marta Horjales
606 044 298
contratacion@layogurtera.es

Discografía

Tiruleque 20 anos de Camiño

TIRULEQUE

2021, Tiruleque/Fondo Xacobeo 2021

Outro que tal baila

TIRULEQUE

2018, Tiruleque

Mu!!

TIRULEQUE

2013, Tiruleque

Tiruleque, música galega

TIRULEQUE

2009, Tiruleque

Vídeos

As Nosas Músicas de Couso 14/08/2023.Trailarará Pepiño

TIRULEQUE

Tiruleque - Merexo e Bolca (Festas María Pita - Romaría de Sta. Margarida A Coruña)

TIRULEQUE

Cortellas (Romeria de Santa Margarida, 27-08-2016, A Coruña)

TIRULEQUE

Festival Folk de A Fraga 2017

TIRULEQUE

Festival de Ortigueira 2014

TIRULEQUE

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2014

TIRULEQUE

Tal vez tamén che gusten