• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Uxía

Uxía, a voz do Atlántico.

Uxía concibe escribindo palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do ser, da alma. Máis de 25 anos de carreira artística que a converten nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal. Sempre tivo a convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz. Por esa razón, promoveu a creación de grupos de cantareiras como Malvela ou Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas da talla de Tito Paris, Jessye Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César, entre outros/as.

Salienta tamén o seu labor como produtora musical. Uxía recolle nas súas composicións a esencia de todas esas experiencias que a levaron a un contacto permanente con músicos/as de culturas afíns. Todo xorde e flúe como unha consecuencia natural da relación permanente con artistas destas latitudes e da escoita atenta e continuada das súas músicas ou as músicas tradicionais que as inspiraron.

A súa paixón pola mestizaxe consegue unir e reunir voces, instrumentos, ritmos, sons... é un imán para o talento, e así o demostra como directora artística na creación do Festival Internacional da Lusofonía "Cantos na Maré", un espectáculo concibido como punto de encontro de artistas da área lusófona.

Contratación

Damadriña Producións
Marina Carracedo
(+34) 628 792 864
info@damadrina.com

Discografía

Baladas da Galiza imaxinaria

UXÍA, NARF

2015, Uxía & Narf

Canta o cuco

MAGÍN BLANCO, UXÍA

2015, Editorial Galaxia

Uxía canta a Manuel María

UXÍA

2015, Fundación Manuel María

Andando a Terra (Uxía Canta a Manuel María)

UXÍA

2013, Fol Música

Rosalía pequeniña

UXÍA

2013, Editorial Galaxia

Meu canto

UXÍA

2012, Fol Música

Danza das areas

UXÍA

2010, Fol Música

Eterno navegar

UXÍA

2008, World Village

Vídeos

Presentación Uxía canta a Manuel María

UXÍA, XABIER DÍAZ

Sempre en Galiza / Galician Lullaby

UXÍA, NARF

A vaca

UXÍA

Uxia, Narf con Guauchos (Fiesta Nacional del Chamamé 2016)

UXÍA, NARF

Narf e Uxía - Casa das Crechas

UXÍA, NARF

Rosalía Pequeniña

UXÍA

Tal vez tamén che gusten