• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Banda Baile Asalto

Este grupo “pontevedré”s nacido en xuño de 2011 con motivo da súa participación no Vl Festival Folk de Muxía, comeza a súa andaina, coa única intención de conseguir a interacción co público. Hai que bailar!!! Cun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta.

Un proxecto froito das inquietudes de seis músicos de diferentes estilos, na busca dunha linguaxe "única". Ademais dun profundo coñecemento sobre a música tradicional galega, unha particular visión artística, o seu gusto e coñecemento polas músicas doutros países e estilos, fan que a Banda se converta nun proxecto apetecible e inetiquetable: música do mundo feita no noso país.

BANDA BAILE ASALTO: Javier Rabanal (Baixo eléctrico), Franc Gorriz (Batería e percusións), Sarunas Pupelis (Saxo barítono e alto), Samuel Macía (Bouzouki e voz), Jaime Rebollo (Zanfona electroacústica e saxo soprano), Miguel Fraguas (Gaitas e percusións).

Contratación

Franc Gorriz Marcos
(+34) 649 384 599
bandabaileasalto@gmail.com

Discografía

Banda Baile Asalto

BANDA BAILE ASALTO

2013, Ugarte Anaiak Music

Vídeos

Video presentación del disco de Banda Baile Asalto.

BANDA BAILE ASALTO

San Tirso

BANDA BAILE ASALTO

Promo Grabación Banda Baile Asalto

BANDA BAILE ASALTO

Tal vez tamén che gusten