
O grupo de música galega Fiandola nace na cidade Compostelá en 1996. Levan case 30 anos traballando pola cultura galega no eido da música tradicional. O labor musical desenvolto por esta banda de corte tradicional parte da música de tradición oral grazas ao traballo de campo que os seus membros levan facendo anos polas aldeas de toda Galicia.Fiandola achega unha nova visión harmónica e tímbrica e crea un repertorio moi particular con selo propio cunha clara orientación de cara ao mundo do baile. No seu directo poderemos gozar dun amplo abano rítmico; desde a muiñeira á mazurca ou desde o maneo á rumba. En 1996 gañan o premio da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e, en 2013, o premio ao Mellor Grupo ou Solista de Moaña. Finalista dos Premios Opinión da Música de Raíz 2020 á Mellor Adaptación e Finalista dos Premios Martín Códax da Música 2021.Fiandola participou na maior parte dos grandes festivais de Galicia, tamén ten visitado os escenarios de Cantabria e Navarra. No verán de 2022 participan no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) e no Festival de Ortigueira.Actualmente, están a traballar no seu quinto disco.Fiandola está formada por músicos de recoñecido prestixio no mundo da música tradicional en Galicia: Marta Cés (voces, percusións), Lucía Eiros (clarinete, gaita), Alberto “Warren” Barreiro (acordeón, voces), Fran López (frauta, saxo soprano, gaita, voces), Santiago Budiño (gaita, voces), Manolo Cobas (percusións, voces) e Kinhos Saburido (percusións).
Contratación
Fran López (+34) 656 263 097 - (+34) 654 938 252 fiandolafolc@gmail.com