• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xosé Lois Romero & Aliboria

Xosé Lois Romero é un dos nomes clave no rexurdimento da música popular en Galicia nas últimas décadas. Recoñecido multiinstrumentista e compositor formado na música tradicional, colaborou con algúns dos proxectos e artistas máis influíntes de Galicia (Nova Galega de Danza, Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Orquestra de Jazz de Galicia, Radio Cos, Jane Joyd, Quique Peón Cía, Xabier Díaz...). Premiado en numerosas ocasións, a súa traxectoria está marcada pola versatilidade e a busca permanente de novos camiños de expresión, sempre dende a sensibilidade e a perspectiva galega.

Agora preséntase xunto a Aliboria, un colectivo de novos músicos galegos cos que reinventa os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas cantantes con anovadores arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra. As mulleres e homes que conforman Aliboria representan unha nova xeración de músicos cun coñecemento profundo do seu folclore e cunha gran calidade técnica, un equipo perfecto para dar un novo paso adiante na evolución da música popular galega, que está a vivir o seu momento máis fértil e en permanente proceso de actualización.

A música de Xosé Lois Romero & Aliboria combina as voces ancestrais da tradición oral de Galicia coa forza e o colorismo tímbrico de bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos… e todo interpretado coa frescura e a enerxía que os seus membros ofrecen en directo.

Contratación

Xosé Lois Romero
(+34) 616 063 703
eu@xoseloisromero.com

Discografía

Latexo

XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA

2020, Raso Estudio

Xosé Lois Romero & Aliboria

XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA

2016, Xosé Lois Romero

Vídeos

O acougo do colo

XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA

Muiñeira de Ons

XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA

Caroi

XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA

Toutón

XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA

Mangüeiro (Olvídame)

XOSË LOIS ROMERO & ALIBORIA

Tal vez tamén che gusten