• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Laroá

Laroá nace a principios do ano 2016 inspirados pola procura dunha fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península Ibérica. Partindo na súa maioría das influencias da música lusófona e de raíz, afondamos nun universo de exploración de novos horizontes musicais, nunha viaxe sonora repleta de mestura e variedade.

Unha banda de world music que cociña sons con sabor e cor, unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, na que o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo abano tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que a conforman, recollendo pinceladas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inquedanza de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical na procura dunha sonoridade e linguaxe propia.

Contratación

Franc Gorriz Marcos
649 374 599
frangorriz@yahoo.es

Discografía

Proxeccións

LAROÁ

2019, Laroá

Vídeos

Macedonia

LAROÁ

Nebra

LAROÁ

Teaser LAROÁ

LOROÁ

Tal vez tamén che gusten