• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
izq noticias  

11 GRANDES ÉXITOS DA IDADE MEDIA

11 GRANDES ÉXITOS DA IDADE MEDIA
13 OUTUBRO 2017

O trobador galego Martín Códax compúxoas, alguén copiounas nun pergamiño alá polo século XIII e, oito séculos máis tarde, foi descuberto entre as gardas dun exemplar de De officiis (Cicerón) polo bibliógrafo Pedro Vindel. No Pergamiño Vindel, en tinta negra, pódense ler sete cantigas de amigo, seis delas sobre pentagramas en tinta vermella. Estas seis cantigas son, xunto ás cantigas de amor do Pergamiño Sharrer (S. XIII) de Don Denís, as únicas mostras de cancións profanas galaico-portuguesas atopadas ata o momento.

O manuscrito foi comprado pola J. Pierpont Morgan Library (Nova York) en 1977, pero voltou a terras galegas e poderá «lerse» na exposición, “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”, que acolle o Museo do Mar de Galicia ata o 4 de marzo de 2018.

Martín Códax escribiu “Ondas do mar de Vigo” ou “Mandad'ei comigo” en notación cadrada, propia da música medieval do século XIII como, por exemplo, as Cantigas de Santa María de Alfonso X «O Sabio».

Versións de trobadores, jarchas mozárabes e ata folclore sefardí da Idade Media interpretadas polos nosos artistas compoñen esta listaxe tan medieval.

 

Cantiga 2 (Mandad'ei comigo), Martín Códax– DOA

Andei, Senhor, Leon e Castela, Johan Airas – Grupo de Música Antigua Martín Códax

 

Cantiga de Santa María, Alfonso X «O Sabio» - Luar na Lubre

 

JarchaBarahúnda

 

Avrix me galanica, Popular – Evoéh

Diferencias sobre “Guárdame las vacas”, Luys de Narváez – Fernando Pérez Fernández

Cachua Serranita, Anónimo (Códice de Trujillo) – Vox Stellae

 

Questa fanciulla, amor, Francesco Landini – Grupo de Música Antiga 1500

 

Santa María, Strela do día, Alfonso X «O Sabio» - Julia Cea e Grupo

 

Que muyto meu pago, Arias Nunes – Milladoiro

Ondas do mar de Vigo, Martín Códax – ZOAR

ETIQUETAS

izq noticias