• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

PISTOLETAZO FESTIVALEIRO. XUÑO 2019

PISTOLETAZO FESTIVALEIRO. XUÑO 2019
31 MAIO 2019

Faltan 21 días para despedir a primavera e darlle a benvida ao verán, estación que nos regala horas de sol, ole a salitre e sabe a furancho. Deixámosvos por aquí os dous festivais da nosa plataforma que se celebran en xuño para comezar con bo pé a tempada estival, ao aire libre, desfrutando do sol, do río e, sobre todo, da boa música.

 

 

FOLK IN RÍO

A beira do río Ulla é o escenario dun festival de música folk onde podemos desfrutar de numerosas actividades para toda a familia como animación infantil, feira de artesanía, etc.

Cando?: 16 de xuño

Onde?: Touro (A Coruña)

Quen?: As Nenas do Sapo Dourado (Sesión Vermú) • Uxía Lambona e A Banda Molona • Malvela • A Banda da Balbina

Canto?: De balde!

Máis?: Mago Dani García • Cantos de Taberna • Feira de Artesanía • Xantar Campestre • Animación Infantil

 

 

 

SURFING THE LÉREZ

Máis dunha vintena de artistas formarán parte da novena edición do Surfing The Lérez, o festival onde rock e surf se unen na Illa das Esculturas (Pontevedra) nunha romaría que durará dous días!, acompañado de food trucks, zona infantil con «xogos antigos e sostibles» e mercadiño de creadores emerxentes, entre outras actividades complementarias.

Cando?: 21-22 de xuño

Onde?: Illa das Esculturas (Pontevedra)

Quen?: Heredeiros da CrusMalkedaSelvática • Fondo Norte • Familia Caamagno • Thee Blind Crows • Ortiga • The Lelli Kelly’s • Anaut • Maneiro • Sex Museum • Basanta • Santi Araujo • Mushu • Tony Lomba e Elio dos Santos • Labretta Suede & The Motel Six • Holywater • Rayotaser

Canto?: Entrada solidaria, os asistentes «pagarán» con comida ou produtos de hixiene destinados a Rede Axuda que, este ano, solicita leite.

Novidade!: Os nenos e nenas serán máis protagonistas que nunca; arredor de 200 subirán ao escenario da man de Estudo Bonobo, Escola do Rock de Paredes de Coura (Portugal) e o Local de Música (Pontevedra).

 

 

 

ℹ️ Na nosa conta de Facebook manterémosvos informados de todos os detalles en canto se acheguen as datas de cada un deles.

  noticias