• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
María Mendoza

Pianista, compositora e docente no Conservatorio de Música de Ourense. Licenciada en Belas Artes e Titulada Superior en Piano, Música de Cámara e Solfeo, Repentización e Transporte. Pianista clásica, pianista acompañante, teclista e colaboradora en numerosos grupos de música moderna. Compositora de series e curtametraxes de animación emitidos en televisións de todo o mundo. Compositora de música clásica contemporánera interpretada en España, Francia, Turquía e Italia, entre outros. Premiada no Galician Folk Songs 2015 e no Concurso de Composición Hélianthe 2016 e membro da Asociación Galega de Compositores.

En abril de 2016 presenta o seu primeiro disco en solitario de pezas para piano, “Intro”, e en outubro de 2017 publica o segundo “Nova” e o libro de partituras para piano do primeiro álbum. Ambos discos teñen a particularidade de estar divididos en 3 bloques, o que fai deles un produto ecléctivo que deixa ver as influencias da compositora.

-Bloques de “Intro”: Meu Amigo (4 temas baseados nas cantigas de amigo de Martín Códax), Tradicional (3 temas baseados en temas tradicionais galegos da zona de Avión) e Contemporánea (2 temas de influencia minimalista e cinematográfica).

-Bloques de “Nova”: Contemporánea (6 temas), Tradicional (3 temas) e Electroacústica (3 temas onde o piano e o saxo barítono mestúranse con sintetizadores).

Contratación

María Mendoza
656732442
mendoza1975@hotmail.es

Discografía

Nova

MARÍA MENDOZA

2017, Arteficción

Intro

MARÍA MENDOZA

2016, Arteficción

Vídeos

Clon

MARÍA MENDOZA

Indian Summer

MARÍA MENDOZA

La Bella

MARÍA MENDOZA

Umzug

MARÍA MENDOZA

Mia irmana fremosa

MARÍA MENDOZA

Ondas do mar de Vigo

MARÍA MENDOZA

Tal vez tamén che gusten