• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

FEST GALICIA, OUTRA FORMA DE FACER FESTIVAIS

FEST GALICIA, OUTRA FORMA DE FACER FESTIVAIS
15 XUÑO 2018

O pasado mércores 13 presentábase na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) FEST Galicia, unha iniciativa de apoio aos festivais de verán que busca promocionar o territorio galego como destino musical seguindo criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social. Impulsada a través da Agadic en estreita colaboración con outros departamentos e co propio sector musical, os principais obxectivos de FEST Galicia, como o posicionamiento e promoción dos festivais, entre outros, baséanse nuns piares estratéxicos que, maiormente, unen turismo e cultura, e talento e paisaxe.

Entre as primeiras accións estratéxicas destacan a realización de estudos de impacto económicos, social e mediático dos eventos; a redacción dun manual de boas prácticas asociado á posta en marcha dun selo de calidade que reconoza aqueles festivais que cumpran criterios de excelencia, profesionalidade e sustentabilidade; e a elaboración dun plan estratéxico do sector.

Ademais, traballarase en establecer alianzas con outras entidades encamiñadas a dinamizar a proxección exterior do noso sector musical, coa finalidade de intercambiar espazos de programación para que grupos e artistas galegos teñan plataformas propias en festivais doutros territorios. Na presente temporada de festivais de verán 2018 FEST Galicia terá presenza en todos os eventos adheridos a través dun espazo propio de difusión e sensibilización, así como de campañas ou accións en diferentes ámbitos, adaptadas especificamente a cada un destes encontros musicais e coa colaboración directa doutros departamentos da Xunta.

 Así, xunto a Secretaría Xeral da Igualdade, lanza a campaña AgresiónOff co obxectivo de que as mulleres que acudan a estes grandes eventos estén seguras, que non se perda o respecto e que se eviten e prevengan abusos e agresións físicas ou verbais. Para iso, implementaranse diversas medidas como a distribución de material informativo, proxección de vídeos nos escenarios ou persoais in situ dando información e formación.

Os dez festivais que forman parte desta convocatoria de lanzamento son PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17ºRibeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival.

 

PORTAMÉRICA: Como unha ponte entre Europa e América, PortAmérica conecta as diferentes culturas a través da música, o ocio e a gastronomía e xa é considerado como un dos festivais de referencia en Galicia e de todo o país.

Cando?: 5-7 de xullo

Onde? Caldas de Reis (Pontevedra)

 

 

RESURRECTION FEST: O maior festival hardcore, punk e metal de España nunca defrauda e sempre supérase. Creado por e para os fans, o «Resu» leva xa 12 edicións e segue a sumar seguidores.

Cando?: 11-14 de xullo

Onde? Viveiro (Lugo)

 

 

ATLANTIC FEST: Festival que combina praia e música de maneira inigualable coa Illa de Arousa como escenario principal. As actuacións complétanse cun sinfín de actividades para todas as idades, conferencias e charlas na terceira edición deste festival que aspira a converterse «nun gran festival, non un festival grande».

Cando?: 20-22 de xullo

Onde? Illa de Arousa (Pontevedra)

 

 

VIVE NIGRÁN

En plena natureza e coas Illas Cíes de fondo, este festival ofrece un día enteiro de pícnic co pop como prato principal. Artistas noveis e outros xa consagrados actúan en directo mentres os asistentes desfrutan da gastronomía entre a paraxe natural.

Cando?: 20-21 de xullo

Onde? Nigrán (Pontevedra)

 

 

SINSAL SON ESTRELLA GALICIA: A intimidade dun festival celebrado nunha pequena illa na ría de Vigo fai que as 800 persoas de aforamento máximo síntanse afortunadas por poder asistir a este evento, ao que só se pode acceder en barco desde Vigo e Meirande, con cartel secreto ata pisar a illa.

Cando?: 26-29 de xullo

Onde? Illa de San Simón (Pontevedra)

 

 

17º RIBEIRA SACRA: O festival punto de encontro para artistas estatais e internacionais no que, durante día e noite, os asistentes desfrutarán de múltiples actividades, concertos en plena natureza, catas, visitas guiadas, rutas, música en catamarán, food trucks, cociña de autor ou artesanía vitivinícola nun marco natural como é a Ribeira Sacra, «o segredo da Galicia interior».

Cando?: 27-29 de xullo | 4-5 de agosto

Onde? Ribeira Sacra (Lugo)

 

 

SONRÍAS BAIXAS: Festival que engloba música de bandas galegas, estatais e internacionais, gastronomía e praia; un idea que converte a SonRías Baixas nunha das citas musicais máis relevantes do verán.

Cando?: 2-4 de agosto

Onde? Bueu (Pontevedra)

 

REVENIDAS: A experiencia de escoitar música en galego xunto con outras bandas internacionais acompáñase dunha gran sardiñada popular, que foi a que deu orixe ao festival, e un sinfín de actividades gratuitas para todos os públicos.

Cando?: 17-19 de agosto

Onde? Vilaxoán de Arousa (Pontevedra)

 

 

FESTIVAL DE LA LUZ: A cantante Luz Casal é a responsable deste evento cultural e solidario no que, durante tres días de festa no seu Boimorto natal, pódese desfrutar dun cartelazo musical con artistas de renome, ademais de diferentes actividades deportivas, cine, teatro, zona infantil e ata un mercado de artesanía e innovación.

Cando?: 7-9 de setembro

Onde? Boimorto (A Coruña)

 

 

WOS FESTIVAL: O WOS Festival é un encontro da cultura máis alternativa e de vangarda que se celebra en diferentes puntos de Santiago de Compostela. De vocación multidisciplinar, ofrece actuacións do ámbito das artes escénicas, o audiovisual, a gastronomía... pero, sobre todo, da música.

Cando?: 12-16 de setembro

Onde? Santiago de Compostela (A Coruña)

 

 

  noticias