• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

VIDEOCLIP CLUB. EDICIÓN DE MARZO

VIDEOCLIP CLUB. EDICIÓN DE MARZO
19 MARZO 2021

Este mes, os editores engadiron os seguintes vídeos ao Videoclip Club, a cinemateca de GalicianTunes en YouTube.

 

 

Cando te cansesMJ Pérez

Para aquel Casandra (2017), MJ Pérez bebeu dunha mestura de estilos, un álbum que marcaba un antes e un despois na traxectoria musical da cantautora arzuá. Ademais da súa esencia pop rock, MJ Pérez arriscábase a explorar novos ritmos e melodías provenientes de ventos e percusións, de zanfona e bouzouki. E é precisamente este instrumento de corda, tocado por Paco Cerdeira (A Gramola Gominola, Pakolas), un dos protagonistas de “Cando te canses”,; o videoclip do mesmo, realizado por Rubén Gasalla, Pablo Lomba e a propia MJ Pérez, presenta ao outro... Porto. En “Cando te canses”, a artista achéganos a un estilo moi preto ao fado, canto popular urbán de Portugal declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO nun percorrido nostálxico e melancólico pola cidade do país veciño.

 

 

 

AliadoXoana

O primeiro dardo, “Mártires”, lanzouna á diana dos XI Premios MIN, chegando a ser finalista a Mellor Álbum en Galego, e á do XVI Festival de Cans, onde se alzou co Premio do Público ao Mellor Videoclip, e á Sección Oficial do Festival Primavera do Cine, Xoana presentaba “Aliado”, single-clip pertencente ao seu primeiro traballo discográfico, Dardos (2018). Dirixido e producido por Siete Gatos Blancos, o videoclip é «moi distinto» ao seu predecesor, cargado de optimismo, diversión e a enerxía que caracteriza á nova artista porriñesa; unha obra audiovisual que Xoana define como «forma bonita de dicir que este é o meu mundo e que cheguei para quedarme»... e faino como unha marabillosa combinación de diva do pop e virus da música.

 

 

 

O marSheila Patricia

Sheila Patricia estreábase no mundo audiovisual con “O mar”, un single-clip presentado ao grande no Teatro Principal de Pontevedra, dirixido por Diego Dojer e producido por Abel Bonilla. Coas Salinas de Ulló como escenario, o clip é un bonito exemplo da maxia que agocha a nosa natureza, un bosque escuro, unha criatura axexante e unha cantautora que experimenta con novas estéticas e sonoridades.

 

 

 

Miña AlmiñaSon Trío

Co gallo do Día das Letras Galegas 2020, o trío afincado en Vigo lanzaba o videoclip de “Miña Almiña”, peza incluída no seu LP homónimo, que musicaliza parte do poemario Follas Novas (1880). Cunha linguaxe musical actual sobre a instrumentación clásica do piano e do cello, ‘Miña Almiña’ percorre Berlín da man e a mirada de Elena Linke… «por que, corazón, por que ora non falas falares de amor?».

 

 

 

StrongerNastasia Zürcher

Cun vídeo do máis máxico que, case case, podería pertencer a unha película de Disney, Nastasia Zürcher presentaba Beat (2017) hai case catro anos. Dirixido por Jairo Moreno, Zürcher percorre bailando os maxestosos salóns do Pazo do Tambre (A Coruña), baixo a atenta mirada de lámpadas de cristal e delicadas cortinas, ao ritmo das harmoniosas vibracións do piano, a guitarra e a percusión. Unha vez máis, a artista e compositora nos enfeitiza coa súa voz, dulce e potente a partes iguais, bañada por acordes funk e pop-soul que fan de “Stronger” unha peza audiovisual vibrante e creativa.

 

 

 

E velaquí tés completo o Videoclip Club: 

 

 

  noticias