• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 PARA O 11.11

11 PARA O 11.11
12 NOVEMBRO 2021

Hai case trinta anos que o Día do Solteiro naceu na Universidade de Nankín (China) co obxectivo de promover e incentivar a socialización dos solteiros. Actualmente converteuse nunha data comercial máis que precede ás ofertas do Black Friday, do Cyber Monday, á campaña de Nadal e que, só en vendas online, chega a facer miles de millóns de euros.

Cada ano, o 11.11 —data escollida porque o número 1 simboliza un individuo, e o 11, dous «que se atopan e estan xuntos»— celébrase arredor do mundo como unha oda ao consumismo sen importar xa o estado civil do consumidor; non haberá citas a cegas (ou si), pero sempre podes atopar algún chollo! E si, somos conscientes de que o 11.11 foi onte, pero tamén sabemos que as ofertas alonganse ata as 8:59 h de mañá sábado 13 de novembro, así que seleccionamos 11 temas de artistas e grupos da plataforma para que poñas como fío musical mentres saltas de páxina en páxina... e escoitas entre liñas [chisco, chisco].

 

 

Veleno, Baiuca ft. Rodrigo Cuevas

 

 

 

Ya no te veo, Novedades Carminha

 

 

 

Vai Embora!, MJ Pérez

 

 

 

Anormal, Cloaca

 

 

 

Consulta la prensa mañana, Los Marcianos

 

 

 

Freedom Is, BALA

 

 

 

Voyage à Saint-Tropez, French Riviera

 

 

 

Fodo cando quero, Heredeiros da Crus

 

 

 

Entre bares y desconocidos, PARDO

 

 

 

Rock de bañera, Denis Carballás

 

 

 

I’m Stronger, Gonzalo Arca

 

 

  noticias