• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

GRUPOS E ARTISTAS DA SEMANA 2025. VOL I

GRUPOS E ARTISTAS DA SEMANA 2025. VOL I
22 DECEMBRO 2025

Hoxe, a pouco máis dunha semana de rematar 2025, comezamos repasar os Artistas e Grupos da Semana que pasaron pola nosa cabeceira. Agradecemos que compartiran o seu tempo con nós, non só a través dos acordes das súas composicións, senón tamén a través das teclas do ordenador, contestando a todas, e cada unha, das nosas preguntas.

Unha delas, —non sempre a máis fácil de contestar— era: «se tiveras que escoller só unha canción da túa discografía, cal elixirías e por que?». Coas respostas, fixemos esta listaxe na que, ademais, lembramos as súas palabras.

 

 

HELENA EGEA

Entrevista en galiciantunes (13/1/25): «‘FLARES OF LIFE’ NACE DESAS FAÍSCAS DE LUZ, DOS EVENTOS QUE NOS PASAN E OS SENTIMENTOS QUE NOS ATRAVESAN CON ELES»

Helena Egea: «“Glass”, por ser a primeira que lancei e pasar por tantos procesos con ela. É representativa da miña música e do vivido co proxecto. Téñolle moito cariño».

 

 

 

 

 

AUTO SACRAMENTAL

Entrevista en galiciantunes (20/1/25): «EN ‘DIARIO DE LA PLAGA’ A IDEA É EXPLORAR O IMPACTO EMOCIONAL E PSICOLÓXICO DO MALESTAR QUE NOS ASOLAGA»

Auto Sacramental: «A nosa canción favorita agora mesmo é “Pena”. Ten un riff de sintes estilo eurodance que engancha moito, a letra é menos abstracta que outras e é fácil conectar con ela, e, sobre todo, é moi divertida de tocar en directo, onde facemos un final apoteósico estilo noise rock que é moi liberador».

 

 

 

 

 

CATUXA SALOM

Entrevista en galiciantunes (27/1/25): «O RURAL É O FUTURO, ESTOU SEGURA»

Catuxa Salom: «Escollería “Hórreo” porque creo que é bailable, ten mensaxe e é divertida. O que necesitamos no inverno!».

 

 

 

 

ATÚN BLANCO

Entrevista en galiciantunes (3/2/25): «XA NON PODO SER O QUE ERA, AGORA QUERO SER O QUE SON»

atún blanco: «Vou dicir “jardín secreto”. Adoito pensar que é a miña canción favorita do disco. Penso que fun capaz de dicir algo que non vou ser capaz de dicir mellor de ningunha outra maneira. Pensaba que era inexpresable. Nin sequera se como explicar o que significa pero tenta sinalar algo moi profundo que levamos dentro sempre. É unha canción sobre o mundo interior e sobre como conecta con algúns momentos das nosas vidas».

 

 

 

 

DELEIBA

Entrevista en galiciantunes (10/2/25): «O MUNDO ESTÁ A CONVERTERSE EN ALGO QUE INTENTAMOS ENTENDER, PERO QUE NON COMPARTIMOS»

DELEIBA: «”O mundo ao revés”, ten toda a nosa enerxía e a mensaxe que transmite é moi necesaria».

 

 

 

 

ZOAR

Entrevista en galiciantunes (17/2/25): «HAI DOUS TIPOS DE DIFICULTADE NESTA “IBERIA”: A COMPLEXIDADE MUSICAL E A DUREZA FÍSICA»

David: «Moi complicado dicilo. Pero seguramente, o “Canto do arrieiro”, de Carlos López García-Picos».

Álex: «Eu diría tamén o “Canto do arrieiro” por ser unha das pezas que máis tempo leva nos nosos atrís e por tela interpretado en diferentes programas. É unha visión moi persoal deste canto de labor feita por García-Picos na metade do século XX e orixinal para a formación. Ademáis podería ser unha boa descripción da nosa traxectoria, facer música mentres facemos o noso camiño».

Antonio: «Móstrome incapaz de escoller unha soa, na miña cabeza aparecen nomes como “Canto do arrieiro”, “Málaga”».

Benxa: «”Málaga” de Iberia».

ZOAR: «“Málaga”».

 

 

 

 

BALEAS

Entrevista en galiciantunes (25/2/25): «HAI COUSAS QUE NON SE PODEN EXPRESAR EN DOUS MINUTOS, SENÓN EN OITO»

Sara: «“Weltschmerz”. Foi dende sempre unha das cancións que máis disfrutamos tocando e a que deixamos sempre para o final. Xa dende que a estabamos compoñendo sabiamos o potencial que tiña».

María: «Estamos de acordo en que “Weltschmerz” aglutina á perfección a esencia das distintas capas que conforma o son de Baleas, cada vez que a tocamos temos unha conexión moi intensa con ela e represéntanos con bastante fidelidade no que queremos transmitir».

Diego: «Aínda que levabamos un tempo traballando xuntos, foi con “Weltschmerz” cando todo empezou a funcionar e a cobrar sentido. Non sei se é o noso mellor tema, o que está claro é que foi o que prendeu a faísca do que somos agora e sen dúbida é un tema moi especial para nós».

 

 

 

 

GONZALO ARCA

Entrevista en galiciantunes (3/3/25): «TODOS SOMOS MONTAÑAS RUSAS EMOCIONAIS. E SE ATOPAS ALGUÉN QUE NON O SEXA, NON TE FÍES»

Gonzalo Arca: «“Dama de las hortensias”. Aunque todas son especiales para mí, creo que engloba perfectamente a todas las demás. Es la matriz. El sentimiento de sentimientos».

 

 

 

 

 

BELISH

Entrevista en galiciantunes (10/3/25): «"UN GRITO DE AMOR" É UNHA HONESTA REFLEXIÓN SOBRE O AMOR NAS SÚAS FORMAS MÁIS PURAS E CRÚAS»

Belish: «Se tivese que elixir só unha canción da miña discografía, sería “Cielo // Infierno”. Creo que é unha peza que encapsula moito do que quero transmitir como artista. A súa carga emocional, a mestura de sentimentos contrarios e a forma en que a letra se fusiona co son electrónico convértena nunha das cancións que mellor representa a miña evolución como BELISH.

A dualidade que presenta é tamén algo que reflicte o que experimento e o que tento plasmar na miña música: esa loita constante entre sentimentos opostos, sufrimento e beleza que se unen. Sinto que “Cielo // Infierno” é unha canción que conecta con moita xente, e ademais mostra a complexidade da miña proposta musical. Ese sería o que elixiría sen dubidalo».

 

 

 

 

SEIXO

Entrevista en galiciantunes (17/3/25): «SOMOS GALEGOS E A NOSA ESPIRITUALIDADE ESTÁ LIGADA Á PEDRA»

Seixo: «“A Cegas”, porque está guapísimo. Temón».

 

 

 

 

FILLOAS

Entrevista en galiciantunes (24/3/25): «GÚSTAME PENSAR QUE COMPOÑO DE IGUAL XEITO QUE SE CREA UN MEME»

Filloas: «Quédome con “mediocre 2”. Foi a primeira canción que saquei, cunha mensaxe superpotente e a que máis repercusión tivo. E aínda que gardo un cariño inmenso á orixinal, elixo o remix porque quedou brutal!».

 

 

 

 

 

ANTIFRÁGIL

Entrevista en galiciantunes (31/3/25): «BUSCAMOS UN EQUILIBRIO ENTRE POTENCIA, EMOCIÓN E HONESTIDADE»

Antifrágil: «“Tú y yo”».

 

 

 

 

GRANDE AMORE

Entrevista en galiciantunes (7/4/25): «GRANDE AMORE É UN PROXECTO DE PUNK; SEMPRE O SERÁ POR PURA NECESIDADE»

Grande Amore: «“Eu son a noite”, a canción que pecha o noso segundo disco. Para min, a mellor canción que fixemos nunca. Para min e para naide máis, pero bueno [risos]».

 

 

 

 

BERTA FRANKLIN

Entrevista en galiciantunes (14/4/25): «EN “CINCO” GARDARMOS ALGÚNS SINTES E VOLVEMOS ÁS GUITARRAS»

Berta Franklin:«“Elixiriamos o último single, “Domingo de cristal”. Por ser iso, o último, porque aos demais filliños querémolos igual».

 

 

 

 

ZAVALA

Entrevista en galiciantunes (21/4/25): «EN ZAVALA TODO TEN UN SENTIDO. NADA É CASUALIDADE»

Zavala: «Esta resposta pode cambiar nun tempo e hai moitos temas inéditos que tamén nos gustan moito, pero neste momento elixiríamos “Agora”, posto que é unha simbiose entre o que xa se viu no primeiro disco combinado co novo deste último traballo e tamén conta o que queremos reivindicar en moitas das cancións: ese “vivir sen medo” por fin».

 

 

 

 

ÁLEX CASSEN

Entrevista en galiciantunes (28/4/25): «TOCOUME BAILAR SOBRE A DOR MOITAS VECES AO LONGO DA MIÑA VIDA»

Álex Cassen: «Diría “Las cartas sobre la mesa”, é o resumo perfecto do EP. De feito, por iso titúlase da mesma forma».

 

 

 

 

 

ORZÁN

Entrevista en galiciantunes (5/5/25): «AS NOSAS CANCIÓNS ABRÁZANTE E, Á VEZ, FÉRENTE»

Orzán: «Cada un ten a súa debilidade por un tema distinto, pero con “Flotas” non hai discusión: represéntanos a todos. Ten forza, sensibilidade e sobre todo, ten ese algo que sentimos cada vez que a tocamos. Conecta moi ben co noso son e a nosa forma de sentir a música. Desde o primeiro directo soubemos que era especial, algo que sente máis aló que o musical. E iso, para nós, é ORZÁN».

 

 

 

 

MONTEDAPENA

Entrevista en galiciantunes (12/5/25): «ESTE PROXECTO É UN NOVO COMEZO»

Montedapena: «“CPU”, porque pensamos en que fora un single e ao final non foi así, e teño un pouco a espiña clavada de que non se lle dese a importancia que ten un single».

 

 

 

 

HABLÓ PABLO

Entrevista en galiciantunes (19/5/25): «FÁLASE MOITO DAS VIDAS QUE SE PERDERON POR CULPA DO RAP E POUCO DAS QUE SALVOU»

Habló Pablo: «“Livertaz”; pola mensaxe, o ritmo e porque combina o rap co slam mantendo a enerxía... pero si respondo esta pregunta dentro de dez minutos probablemente vos diga outra. Non se fai esta putada de pregunta! (é broma)».

 

 

 

 

 

MIGUEL SEOANE

Entrevista en galiciantunes (26/5/25): «INTENTO QUE A MIÑA MÚSICA TEÑA IDENTIDADE, QUE CANDO A XENTE A ESCOITE PENSE “AH! ESE É MIGUEL”»

Miguel Seoane: «Penso que case sen dúbida seria “Crow’s Dispute”; é unha das primeiras cancións que escribín para o trío, é moi difícil de tocar e custounos case dous anos enteiros acadar tocala e ser libres para facer musica con ela. É unha das cancións que máis orgulloso estou de como foi a evolución, o resultado (as dúas versións gravadas) e a que máis curiosidade me causa en termos de onde vai continuar».

 

 

 

 

MICRO MOON

Entrevista en galiciantunes (2/6/25): «BUSCAMOS ESE EFECTO DE SENSACIONES DE INQUIETUD CAUSADAS POR UN LUGAR QUE PUEDE SER MENTAL O FÍSICO»

Micro Moon: «Gústanos moito “Desire Lines”, porque comezou como un experimento pero ao final rematámola moi rápido e quedamos moi contentos co resultado, así que escollemos esa».

 

 

 

 

DARÍO MOREIRA

Entrevista en galiciantunes (9/6/25): «NA GUITARRA ATOPO UN MUNDO DE EXPLORACIÓN, ÁS VECES ATA PENSO QUE INABARCABLE»

Darío Moreira: «Un recordo moi especial tráeme a figura de Emilio Cao, recentemente falecido, e como homenaxe a el, vou escoller unha peza que, cando a compuxen, no aire estaba a flotar o son do arpa de Emilio. Isto foi hai un tempo, refírome ao tema “Pájaros perdidos golpean en mi ventana”. Podería ser calquera outro tema de calquera disco, pero subscríbome á frase que el mesmo dixo nunha entrevista; coas miñas palabras sería algo así: a canción da cal un pode estar orgulloso é aquela que che motiva a seguir buscando, porque aínda non existe».

 

 

 

 

SICKEEPER

Entrevista en galiciantunes (16/6/25): «‘ACCLAIM THE MACHINE’ SUPÓN UN NOVO INICIO PARA NÓS, CUN ESTILO MÁIS METAL E NOVOS OBXECTIVOS»

Sickeeper: «“Dominion”, sen dúbida, sairá elixida unha e outra vez».

 

 

 

 

LUIS MERA LUCKY

Entrevista en galiciantunes (23/6/25): «CADA CANCIÓN DE ‘SERENO Y AISLADO’ (EL VIAJE DEL PIRATA)’ TAMÉN TEN A SÚA PEQUENA VIAXE INTERIOR»

Luis Mera Lucky:«“¿Dónde está el paraíso en el cielo?” A escollería agora mesmo porque nas súa letra atópase moita miga, e tela que cortar. E eu tamén quero seguir tendo as ganas de seguir buscando camiños, preguntas, respostas, misterios, amor...en novas cancións que estén por vir».

 

 

 

 

  noticias